Parece ser que as súas señorías o outono failles saír do letargo dos meses de estío e veñen con forza. O outono político que comeza ten temas de gusto e opinión. A dereita conservadora e a extrema dereita do Estado están que suben polas paredes porque o Rei non pode ir a Barcelona á entrega dos despachos xurídicos. Coma sempre a escusa posta polo goberno non é boa, como un Estado manifesta publicamente que non pode garantir a seguridade dun membro do organigrama, que visión pública internacional estamos dando? A realidade é que era moito máis fácil contar a verdade. As forzas nacionalistas de Cataluña apertan os orzamentos e o goberno está na obriga, e máis doado, e tamén é obriga da figura do Xefe de Estado facer este tipo de concesións, entendo eu que en aras de preservar a contenda política, vaille no cargo, a non ser que a VOX se lle ocorra que abdique e o propoña na súa moción de censura de oferta.
A chave esta nese senso, a maioría parlamentaria é a que é, tamén a realidade nacional do Estado é a que é, por iso esta situación cabrea a quen cabrea, aos que queren ver o Estado Español como un monólito. A realidade é fría e a política ten que ser dialogo e negociación, pese a quen lle pese.
O segundo capitulo interesante é o dos indultos aos presos do procés, a busca dun marco de dialogo para rebaixar a tensión en Cataluña pasa necesariamente por iso, mais interesa ás forzas estatais? Eu coido que non, PODEMOS xa non fala de Estado Plurinacional, porque o seu líder xa se considera un home de estado, terrible símbolo da nosa realidade política. Canto mellor lle iría a España co desenvolvemento total dos Estatutos de Autonomía e da realidade plurinacional, pero non vai ser desta. A lexislatura dos asesores formados en series americanas: Ala Oeste, House of cars … non é dende a miña opinión a propicia para este debate. Para mostra o despregue americano da “cimeira bilateral” entre España e Madrid moi digno de guionistas americanos se non fose unha afronta a identidade de Galicia, Euskadi e Catalunya dende onde se pide unha relación bilateral que nunca chega. O dito un outono interesante.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



