Ribadeo, 23 de setembro de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, asegurou que a Policía Local está a investigar os danos causados no parque de Pintor Fierros e noutras zonas como na Devesa ou na praia das Illas, onde apareceron dispensadores de hidroxel e papeleiras rotas. O edil critica eses comportamentos incívicos e cualifica de vándalos aos seus autores. O edil subliña que o Concello procedeu a cambiar e colocar 40 contedores novos para a recollida de lixo, tanto no casco urbano como nas parroquias, durante este verán. Deste xeito responde ás críticas vertidas polo grupo municipal do PP.
Díaz Freije contou que “estamos tendo problemas cos dispensadores de hidroxel que cada pouco aparecen rotos, lles pegan patadas ou os rompen e queda todo esparcido polo chan. Paréceme un pouco irrisorio que desde o PP se culpe ao Concello de Ribadeo de que rompan os dispensadores. Iso obedece a certo tipo de comportamento dalgunha xente que actúa desa maneira. Que o PP critique ao Concello por iso, eles saberán”.
O edil nacionalista subliñou que “se está a controlar exhaustivamente o acontecido estes días. Xa a Policía Local anda mirando quen son estes vándalos que están a facer este tipo de actos reiteradamente tanto nos parques como nalgunha área, na Devesa pasou, na praia de Illas fai pouco tamén, etc… Está a sociedade pouco implicada no ben común”.
O concelleiro de Medio Ambiente referiuse de novo á limpeza dos contedores: “temos un programa de limpeza e este verán puxéronse corenta contedores novos tanto no casco urbano como algún na zona rural. Entón pode ser que haxa algún caso puntual, pero traballamos para telos sempre nas mellores condicións posibles. Quero comentar o comportamento dalgún restaurante que tira o lixo as doce da mañá, sen bolsa, cando está o contedor recén lavado, entón ese traballo realizado non serviu para nada. Ese comportamento tamén o estamos a sufrir con algún establecemento de restauración de Ribadeo. Ese tamén é outro comportamento contra o que temos que loitar desde o Concello de Ribadeo”.
Jorge Díaz falou tamén da desinfección en rúas e beirarrúas: “se está a desinfectar dous días á semana, se está pasando polas beirarrúas un par de días á semana, poñemos os mércores porque hai máis tráfico de persoas polo tema do mercado e outro días dependendo da dispoñibilidade do persoal e atendendo a criterios metereolóxicos porque se está chovendo moito a solución acaba diluída e non fai o efecto que ten que facer”.
E engadiu: “estamos traballando. Eu entendo que haxa que saír nos medios, o entendo perfectamente dentro do xogo político, pero hai cousas que seguimos vendo que dá igual o que fagas, que vai estar todo mal”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



