Viveiro, 22 de setembro de 2020. O Concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza este próximo fin de semana varias actividades culturais, todas elas con aforos limitados e respectando os protocolos sanitarios.
O sábado, 26 de setembro, ás 12:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, haberá o espectáculo de contacontos ‘Contos de Michos’, con Pedro Brandariz, mentres que pola tarde o Teatro Pastor Díaz será o escenario ás 18:00 horas de ‘Puño, Puñete’, de Baobab Teatro, con cantigas, contos e tradición oral.
Para pechar a xornada do sábado, actuará a Banda municipal de música O Landro ás 20.30 horas na carpa situada nos Xardíns Noriega Varela.
O domingo, chega a Viveiro Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega 100% feminina. O concerto será ás 19.30 horas na carpa situada nos xardíns Noriega Varela.
Todos os espectáculos serán de balde pero con aforo limitado. Para reservar entradas e obter máis información, é necesario chamar ao 982 560 128.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



