Lugo, 24 de setembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este xoves as obras de mellora que o organismo provincial está acometendo na estrada LU-P-2204, que une o núcleo de Momán, en Xermade, coas Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña, unha vía na que o organismo provincial investirá preto de 800.000€, entre as actuacións en marcha e o proxecto que está nestes intres en fase de licitación.
Tomé Roca, responsable da área de Xestión Territorial, comprobou o estado das obras nun treito de 3 quilómetros, dende o punto 4 ao 7, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Xermade e Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas.
O mandatario provincial explicou que ditas actuacións, que contan cun investimento de 452.000 euros, forman parte da terceira fase de mellora nesta vía, e súmanse as xa feitas no arranxo dos 4 primeiros quilómetros, con outros 475.000 euros.
Ademais, José Tomé lembrou que a Xunta de Goberno vén de licitar o proxecto de mellora, por outros 340.000 euros, para arranxar case quilómetro e medio, entre os puntos quilométricos 7,000 e 8,340. Con esta última actuación, a Deputación mellorará máis de 8 quilómetros dos 9,7 que ten de lonxitude a vía, co que só restaría pouco máis dun quilómetro para o seu acondicionamento integral.
“Trátase dun estrada moi importante, pois vertebra o concello de Xermade e toda esta parte da provincia, dando servizo aos veciños e veciñas de Momán e comunicando con As Pontes. Ademais, este é o camiño máis curto para os desprazamentos dos veciños a Santiago de Compostela e aos aeroportos”, subliñou Tomé Roca.
As obras
O conxunto dos traballos na LU-P-2204 consisten no aumento da anchura da calzada pasando de entre os 4 e os 5 metros ata os 7; drenaxe; afirmado; remodelación integral do firme con aglomerado en quente e limpeza de cunetas. Unha vez finalizada a pavimentación procederase ao incremento da seguridade cunha nova sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e recolocarase a sinalización vertical e os sistemas de contención que se vexan afectados polo ensanche da vía.
Cabreiros-Atouza
Na visita de hoxe a Xermade, o Presidente supervisou tamén as melloras que a Deputación executa na LU-P-2209, de Cabreiros a Atouza. Trátase dunha vía importante, pois é a comunicación máis rápida coa parroquia de Roupar, ademais de utilizarse a diario polos condutores que viaxan pola autovía Ferrol-Vilalba (AG-64).
Os traballos, que contan cun investimento de 18.200 euros, consisten na rexeneración do firme da totalidade da estrada con tratamentos superficiais de rego asfáltico para mellorar a seguridade e as filtracións de auga. As obras estarán rematadas nos vindeiros días.
O Presidente avanzou que no Pleno ordinario da Deputación que se celebrará o vindeiro martes está previsto aprobar a cesión ao Concello de Xermade do tramo antigo desta estrada que discorre polo municipio chairego, un acordo que xa foi adoptado pola Corporación municipal.
A mellora da rede viaria, unha prioridade
José Tomé destacou que, dende o principio do mandato, “marcamos como prioridade a mellora da rede viaria provincial porque cremos que a mobilidade contribúe de forma moi importante ao equilibrio territorial e á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Creo que dende o Goberno estamos respondendo a ese compromiso con feitos e con obras como as que estamos acometendo e como as que seguiremos facendo en Xermade”, subliñou Tomé Roca, quen lembrou que a institución provincial ten a día de hoxe en marcha obras en estradas provinciais que supoñen un investimento de uns 5M€.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



