Iso dicía a canción: ‘la vida sigue igual’. Mais…
Esta mañá, o tempo existe a duras penas, eclipsado polo vivir, que non polo día a día dos tempos cambiantes, azarosos, que producen temor, dun outono instalado no medio do horror fronte ó desafío da enfermidade. Non, a vida non segue exactamente igual…
Madrugada. O aeroporto comprime os voos do día de xeito que sobra panel, nun espazo afeito a variar moitas veces a súa liña final ó longo das horas. Sen colas nos controis, o vestíbulo baleiro, o aparcamento con ocos non lonxe da porta máis concorrida, as instalacións sobredimensionadas non chegan a ser un espectro, mais difuminan o seu uso parecendo máis un espazo de desfrute que de paso, de acollida que de sinxelo acubillo temporal.
Espunta o día. Lugar agradable, con certo sabor a vello ben conservado e honorable, almorzo tranquilo tomado en medio de música suave, rúas de pedra con soportais do outro lado do ventanal acompasan coas chuvias e despexes sucesivos. Mesa de madeira e cadeiras con coiro, o chan estucado recibe a estas horas contadas visitas que se distribúen no espazo como por repulsión eléctrica: máxima distancias de separación, incluíndo o centro despexado e máis ocupación cara ás esquinas. As máscaras de quita e pon fan de elemento perturbador do medio ambiente, traendo ó interior a presenza constante desa ameaza que aquí interrompemos por momentos no noso pensar.
As rúas, tamén baleiras de xente neste comezo diario, non deixan de ser ‘as de sempre’, asentando o espírito no seu mundo habitual, contra prognóstico, algo tamén interrompido polas máscaras que fan de proa a caras e persoas anonimizadas, por moitas adaptacións decoradas que teñan.
E, mentres, ós poucos, adaptámonos e afacémonos a novas normas, mesmo cambiantes, e máis, afacémonos ó feito do cambio continuo. Interiorizámolas e deixan de ser normas para pasar a costumes -aínda que podan reverterse, como dicimos, pensamos ou nos facemos ilusión-. Un proceso que acompaña ó propio da Terra, que se afai dende sempre ós cambios que se lle impoñen, incluso cando afacerse non implica poder seguilos ou equilibralos, e menos en todo momento e en todo lugar. Igual que pasa connosco.
Non, a vida segue, pero nunca igual. O medio confórmanos, cámbianos, e nós cambiamos o medio. De sempre. Diríamos que agora de xeito máis dramático pola velocidade e potencia da mudanza. De sempre, o proceso producíase case en equilibrio, non éramos capaces de cambiar moito o noso entorno. Iso variou. Hoxe, estámonos a afacer ó desequilibrio visualizado. Poderemos aproveitar para sentir que un desequilibrio longo nos desfai, fai que non sexamos nós, mesmo pode chegar a facer que sinxelamente non podamos ser?



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



