Viveiro, 10 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro asinou catorce convenios con asociacións deportivas do municipio para a concesión de subvencións nominativas por un importe conxunto de 50.600 euros, mantendo un ano máis o seu apoio e compromiso co deporte.
“O fomento dos hábitos saudables e a práctica deportiva son unha prioridade para o noso grupo de goberno, por iso apoiamos actividades destinadas a todas as idades”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
A situación actual derivada da pandemia do COVID determinou, en gran medida, os orzamentos municipais do presente ano, obrigando a reaxustar partidas e establecer medidas extraordinarias destinadas a paliar as consecuencias da crise, como é o caso do Plan de Reactivación Económica.
A pesar destas circunstancias, o goberno municipal mantivo a concesión destas subvencións directas, destinadas a gastos da temporada no ano 2020, das que se beneficiarán o Club Balonmano Viveiro; o Club Ciclista Viveiro; o Club de Xadrez San Roque; o Club de Piragüismo Viveiro; o Viveiro CF; o Viveiro SD; o Club Baloncesto Viveiro; a ACD Penalba-Club de Remo de Celeiro; a AD San Roque; o Club de Gimnasia Rítmica; o Viveiro Surf Family; o Club de Vela de Viveiro; o Club Egovarros e o Rugby Asterix.
No ámbito deportivo cabe lembrar tamén que, grazas á Deputación de Lugo, dentro do Plan Único 2019 o goberno municipal executou importantes melloras no pavillón municipal. Substituíuse o pavimento do pavillón por un importe de 134.000 euros.
Ademais, grazas ao remanente desta subvención, dotouse o pavillón de equipamento deportivo, por un importe de 7.013,40 euros, e executáronse obras de mellora da instalación eléctrica e dotación de luces led, por importe de 26.079,15 euros.
“Dentro das nosas posibilidades, temos que renovar de forma constante as infraestuturas deportivas, para adaptalas e telas sempre nas mellores condicións”, engade Loureiro.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
