Ribadeo, 19 de novembro de 2020. A Agrupación Cultural Francisco Lanza xunto ao Concello de Ribadeo organiza a proxección da película Reboiras. Acción e Corazón de Alberte Mera. O pase será este domingo, 22 de novembro, ás 19:30 horas en Cine Ribadeo. O despacho de billetes abrirase media hora antes e ao remate do filme haberá un coloquio entre o director e o público.
A película xira en torno á madrugada do 12 de agosto de 1975, cando a policía do réxime franquista asasina en Ferrol ao dirixente da clandestina Unión do Povo Galego. Participan vintenove testemuñas que coñeceron ao histórico nacionalista, como o seu irmá Moncho, Manuel Reboiras; a súa curmá Lita Martínez, o escritor e exsecretario da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez; os escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Dario Xohán Cabana ou a cineasta Margarida Ledo. Tamén aparecen as persoas que se atopaban con Reboiras o 12 de agosto en Ferrol, e que el axudou a fuxir, Elvira Souto e Lois Ríos. Para o seu director: “ver Reboiras. Acción e Corazón supón achegarse non só á historia recente senón a un período concreto, o da transición, de influencia tan determinante na situación sociopolítica e económica actual”.
Desde Cultura indican que “a nosa Concellaría está a posibilitar a difusión da creación audiovisual galega, xa sexa ficción ou documental. Así, puideron verse no Teatro: Nove de novembro, de Lázaro Louzao, Vigo 1972, de Roi Cagiao ou Estruturas, de Xosé Bocixa. Porén ai un interese especial en que estas obras se vexan nos espazos adecuados, isto é, as salas de cinema comerciais. Inícianse así os contactos co Cine Ribadeo e posibilítase que se estreen na vila obras emblemáticas como Sicixia e A Esmorga, de Ignacio Vilar, Dhogs, de Andrés Goteira, e ultimamente O que arde, de Oliver Laxe. Ás proxeccións en pantalla grande asiste non só o público xeral senón tamén ao alumnado dos centros de ensino”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



