Cervo, 4 de outubro, 2020. Nun longo auto de 69 páxinas, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desoe as peticiónsde Alcoa e determina que as cubas de electrólise non poden parar. Este foi o elemento central davista que tivo lugar hai xusto unha semana; mentres a multinacional estadounidense defendía oapagamento, os sindicatos e a Avogacía do Estado esixían que continuasen acesas.
Os maxistrados entenden que a empresa pode executar os despedimentos e deter a produción, pero debemanter as cubas en situación de retomala de maneira inmediata por se o ERE formulado por Alcoa seconsiderar nulo.
Neste punto, o alto tribunal galego considera que, coas cubas apagadas, unha «hipotética» sentenza queanulase o ERE dificultaría o reingreso do persoal á fábrica. «Aínda non sendo un proceso irreversible, ofrécesecomplexo, custoso e dilatado no tempo, carrexando, en suma, graves prexuízos aos traballadores», sinala oTSXG.
O auto tamén coida «desproporcionado» outorgarlle á Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI)a administración da planta de aluminio mentres dure o proceso de impugnación de despedimento colectivo ese dite sentenza firme. Con todo, apunta que a intervención sería, en todo caso, unha «medida alternativaigualmente eficaz e menos prexudicial» para a empresa











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



