Como sempre cun recordo especial para María José e Adela. Sempre na nosa memoria 💜

Bruno Arca, alumno de 1º Ciclo Medio de Cociña, acadou un 4º posto no Combiguru Challenge celebrado en Venecia os días 8 e 9 de maio. O concurso consiste en realizar unha serie de probas na APP da compañía, famosa polos seus fornos. Os seleccionados van a Venecia para participar no concurso no cal teñen que preparar un prato e unha sobremesa durante tres horas, sempre empregando os fornos da marca. Os dous días de concurso inclúen visitas guiadas pola cidade de Venecia e formacións con cociñeiros de prestixio como Paolo Casagrande, do Restaurante Lasarte de Barcelona con tres estrelas Michelin.
O viveirense será adxunto a presidencia e asesor do suízo Phip Waeffler no comité técnico internacional de Pentatlón Moderno para os vindeiros catro anos e co visto e prace da UIPM, onde se desempeña como Oficial de Operacións de Eventos e programa de formación de adestradores dentro da Unión.
O conselleiro do Mar visitou este venres a Feira Náutico Pesqueira que se celebra ata o sábado.
Este xoves recibíuse unha comunicación da Casa Real, felicitando pola consecución da Copa da Raíña 2025.
'50 anos de cultura - 50 anos de historia' pode verse nas Escolas Vellas de Cervo.
Unha cita á que a institución provincial achega 10.000€ para a súa organización e que reuniu a centos de persoas na Praza do Concello trabadense para degustar este prato típico do municipio. Carlos López destacou a colaboración da institución provincial a esta “cita senlleira, que pon en valor unha cultura gastronómica capaz de atraer visitantes ao noso territorio”. Destacou o traballo que fai o Concello mariñán por enxalzar este produto, tamén chamado faragullos que se elabora con touciño, ovos, leite, fariña e auga.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias felicitou o pasado sábado, 3 de maio, a Reyco polos seus 30 anos de traxectoria no sector do transporte por estrada. Un exemplo de empresa lucense que medra con rigor, compromiso e aposta pola calidade "Desde a Xunta de Galicia seguimos apoiando ao sector con medidas para modernizar frotas, dixitalizar procesos e mellorar a formación dos profesionais". "O transporte é clave para o futuro económico de Galicia e empresas coma esta son parte dese avance", apuntou.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital