A Mariña, 28 de novembro de 2020. En decembro rematan os roteiros de A Mariña en Ruta programadas para este outono, unha iniciativa que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo e que coordina a empresa de ecoturismo Maremasma. O ente propón descubrir a arqueoloxía e a xeoloxía mais descoñecida da comarca a través de dúas propostas, coma sempre, da man de guías e axentes locais. Unha discorrerá por Xove e a outra por Ourol.
Desde a Mancomunidade explican que “debido ao Covid19 e ás restricións existentes para a organización deste tipo de actividades as prazas dispoñibles tiveron que verse reducidas a 5 persoas mais o guía. Ademais do uso obrigatorio de máscara e da pertinente distancia de seguridade”.
O vindeiro sábado, 5 de decembro, terá lugar unha andaina pola paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, que será guiada por David Fernández. Os asistentes percorrerán a través dunha ruta circular o contorno costeiro de Portocelo. Nesta zona de alto valor paisaxístico, poñerase atención ao patrimonio cultural da contorna, falando de lendas, historia e arqueoloxía. Durante o roteiro interpretativo visitarán os xacementos de Monte Castelo e San Tirso de Portocelo, este último recentemente escavado e do que lles falarán máis de vagar da súa historia. A ruta dará comezo ás 10 da mañá con saída da praia de Portocelo. Recoméndase levar roupa axeitada á meteoroloxía e calzado cómodo e auga. E pódense levar prismáticos e bastóns de monte.
Por Ourol discorrerá o 13 de decembro a ollada ás rochas que viron nacer Galicia e que guiará Francisco Canosa. Na zona de Ourol atópanse varios lugares cun salientable patrimonio xeolóxico, coma poden ser a presenza das rochas máis antigas de Galicia ou unha das fallas máis importantes da Península Ibérica, a falla de Viveiro. Todo isto permite coñecer moito mellor o pasado xeolóxico de Galicia e que grandes acontecementos se produciron dende entón. A saída será ás 10:30 desde o Concello de Ourol. É obrigatorio levar chaleco reflector, roupa axeitada á meteoroloxía e calzado cómodo ademais de auga. Tamén se poden levar bastóns de monte.
Toda a información sobre as rutas, a súa duración, as características, etc… están na páxina web do proxecto enruta.amarinalucense.gal e a través das redes sociais de Turismo da Mancomunidade:
@amarinalucense.turismo
@visitamarinalucense
@amarina_turismo
Por outra banda, o presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, e a axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida, participaron este venres nunha mesa temática organizada polo Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) xunto a outros xeodestinos de Galicia para a obtención de información que poda ser relevante de cara a elaboración do “Plan Director do Turismo de Galicia fronte aos efectos da Covid-19”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



