Lugo, 11 de decembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración de 25.000 euros para continuar desenvolvendo proxectos para fomentar o turismo na Mariña Lucense.
Tomé Roca subliña que este convenio ten como obxectivo “darlle continuidade e impulso a un proxecto de unidade e de busca de sinerxías para impulsar o desenvolvemento económico e social da comarca da Mariña”. Así mesmo, aseguraque dende a Deputación de Lugo seguiremos colaborando coa Mancomunidade, neste caso en materia turística, unhas das actividades que sufre un maior impacto pola pandemia e estratéxica na comarca”.
O mandatario provincial tamén incide en que “as iniciativas que se desenvolven baixo o paraugas deste convenio teñen que servir para lograr a desestacionalización do turismo, conseguir a diferenciación con respecto a outras zonas e ser a chave que axude a que os visitantes queden a durmir varios días na Mariña”. Tomé Roca subliña que “esta comarca é moi diversa e ofrece múltiples opcións para a persoa que nos visita, por iso debemos aproveitar que non é unha comarca masificada para facerlle saber ao mundo que somos unha opción de primeira para os novos tempos que vivimos”, afirmou José Tomé.
A través deste convenio, a Mancomunidade ten previsto reforzar a súa presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación e lanzar iniciativas de promoción e difusión das iniciativas que teñen en funcionamento, como é o caso das Rutas de Artesanía oudas visitas con audioguías nos concellos. Ademais, a agrupación ten previsto continuar creando novas experiencias que fomenten o denominado turismo slow, polo que vén apostando o colectivo de municipios nos últimos anos.
O obxectivo é axudar na reactivación urxente do sector e continuar coa axeitada promoción do xeodestino apostando pola diversificación, en base a un turismo sostible, e por segmentos clave, como son o turismo de natureza, turismo cultural e o turismo gastronómico, pois son o tipo de actividades que motivan principalmente a visita á Mariña. A agrupación de municipios aspira a consolidar e crear produtos en base aos recursos propios, que poñan en valor a súa realidade e permitan posicionarse cunha imaxe facilmente comprensible en torno a aspectos singulares do territorio, como é a hospitalidade, a calidade de vida, a riqueza natural, gastronómica e cultural e o deporte, baseándose na filosofía slow e brindando, tanto ao turista fidelizado coma ao potencial, a posibilidade de viaxar e desfrutar do territorio sen présa, con opcións para afondarno propio e auténtico do xeodestino.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



