Cervo, 10 de decembro. O Concello de Cervo acollerá a última carreira do Campionato Galego de Rallys, que terá lugar este vindeiro sábado, 12 de decembro; e que decidirá o título.
O II Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo; discorrerá por un tramo de 10 quilómetros no noso termo municipal; a saída será desde diante da fábrica de Sargadelos e a meta na zona do Castelo. Os pilotos farán tres pasadas por este traxecto: unha ás 9:54 horas, outra ás 14:08 horas e a derradeira e que pechará o campionato, ás 18:22 horas.
Por motivos de seguridade, para poder seguir a carreira como público desde os diferentes puntos habilitados é OBRIGATORIO rexistrarse na páxina https://rallyemarina.wordpress.com/resixtro-covid-publico/.
A proba poderá seguirse tamén en directo a través da páxina https://www.facebook.com/mixrallyesports.
Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, “decidimos apostar de novo por traer este evento deportivo a Cervo, coñecedores da gran afección que hai ao mundo do motor no noso municipio; e tamén porque a raíz do COVID-19 a gran maioría das actividades deportivas, culturais e sociais se viron moi limitadas nestes meses; polo que un espectáculo como este, no que se garanten todas as medidas de prevención e seguridade e que ademais se pode seguir por “streaming” é un bo escaparate para dar a coñecer o noso Concello e tamén unha alternativa de ocio seguro para a veciñanza, sempre e cando se respecten todas as indicacións establecidas, “no que queremos facer un especial fincapé para desfrute de todos”.
Restricións de tráfico
O tramo de Cervo partirá de diante da Fábrica de Sargadelos, con dirección ao Campo da Bidueira, A Senra, Barxa, cruce de Castelo, Igrexa, O seixo, Gondrás e rematará na zona do Castelo.
Como medida de seguridade e para garantir o bo discorrer da proba pecharase o tráfico nestas zonas, o sábado 12 de decembro, desde as 8:50 horas ata as 22:00 horas, aproximadamente; con aperturas entre pasada e pasada (estímase que estará aberto entre as 11:40 e as 13:15 horas e entre as 15:53 e as 17:55 horas)












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
