Lugo, 26 de decembro de 2020. Despois do publicado no día de hoxe en diversos medios de comunicación en relación co Centro de Atención a Maiores (CAM) de Trabada, a Deputación de Lugo informa do seguinte:
A Deputación mantén a súa folla de ruta de realizar con recursos propios un cribado masivo con probas PCR no CAM de Trabada.
En ningún momento se cuestionou nin se puxo en tela de xuízo a realización dos cribados periódicos que vén realizando cada 15 días a Xunta de Galicia nas residencias da terceira idade. O que si se sinalou no comunicado emitido pola Deputación de Lugo foi que as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, coas que a institución provincial se puxo en contacto no día de onte, comunicáronlle ao servizo provincial de Benestar que non poderían previsiblemente realizar as probas PCR a toda a comunidade do CAM de Trabada ata o vindeiro martes, 29 de decembro, co cal pasarían 5 días dende a detección do caso positivo. Dado que esta dilatación no tempo supón un risco tratándose dun colectivo tan vulnerable, especialmente fronte a esta pandemia, a Deputación de Lugo decidiu actuar e poñer en marcha un cribado masivo co obxectivo de acortar os tempos e minimizar os riscos.
Unha vez que coñeceu a intención por parte da Deputación de Lugo de levar a cabo estes cribados, entendemos que a través dos propios medios de comunicación, foi o SERGAS o que a última hora da tarde de onte se puxo en contacto coa Coordinadora de Xerocultores do Centro de Trabada –NON DIRECTAMENTE COA DEPUTACIÓN- para comunicarlle que no día de hoxe se faría un cribado aos traballadores e traballadoras e o domingo, aos usuarios e usuarias.
Á DEPUTACIÓN DE LUGO PARÉCELLE BEN QUE A XUNTA RECTIFIQUE E ADIANTE A HOXE E MAÑÁ A REALIZACIÓN DAS PROBAS, QUE INICIALMENTE TIÑA PENSADO FACER O MARTES, tal e como lle comunicou ao servizo provincial de Benestar.
Unha vez obtidos os resultados dos cribados masivos, que A DEPUTACIÓN DE LUGO DARÁ A COÑECER CON TOTAL TRANSPARENCIA, a institución VALORARÁ EN COORDINACIÓN COAS AUTORIDADES SANITARIAS, TAL E COMO ESTABA PREVISTO, SE É NECESARIO OU NON A ADOPCIÓN DE NOVAS MEDIDAS, tendo en conta ademais que estas probas determinarán se o caso detectado no centro é realmente positivo por COVID-19.
En relación á persoa usuaria que deu positivo no centro, lembramos que permanece illada na súa habitación da residencia dende o mesmo momento no que se coñeceu o resultado da proba. Esta persoa non presenta síntomas aparentes, á espera da avaliación que vai a realizar no día de hoxe a Consellería de Política Social.
Igualmente, todos os traballadores e traballadoras do centro que tiveron contacto coa persoa positiva permanecen, dende ese mesmo intre, confinados nos seus domicilios. Por este motivo, reorganizáronse as quendas do cadro de persoal para seguir prestando con normalidade os servizos aos usuarios e usuarias do CAM.
En relación ao segundo positivo ao que fai mención o comunicado de prensa do SERGAS, cabe sinalar que esta persoa foi ingresada no HULA hai dúas semanas debido a unha patoloxía vascular. CANDO ESTA PERSOA SAÍU DA RESIDENCIA DE TRABADA PARA INGRESAR NO HULA NON TIÑA DADO POSITIVO POR COVID-19.
O contaxio foi posto en coñecemento da Deputación de Lugo cando esta persoa xa estaba ingresada no Hospital da Mariña, tras ser derivada ao mesmo por un facultativo do seu centro médico debido a complicacións dunha cirurxía vascular efectuada no centro hospitalario da capital lucense. Desgraciadamente, no día de hoxe informáronnos do seu falecemento, situación que lamentamos profundamente dende a institución provincial.
A Deputación de Lugo continúa coa política de máxima transparencia que vén practicando dende o inicio da pandemia e coas medidas de anticipación e de reforzo dos protocolos aprobados polas autoridades sanitarias para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras da institución, así como dos usuarios e usuarias dos servizos públicos que ofrece, e de todas as persoas que acceden ás dependencias provinciais, garantindo, ao mesmo tempo, a continuidade e a normalidade na prestación dos servizos.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



