Madrid, 8 de abril de 2021. O Senado aproba unha Moción socialista que pon fin a anos de abandono e asegura as melloras no tren Ferrol – Xixón. A Comisión de Transportes do Senado aprobou unha Moción do Grupo Parlamentario Socialista para levar a cabo as melloras imprescindibles tanto na infraestrutura, como nos equipamentos do tren Ancho Métrico que une Ferrol con Xixón, e cuxo traxecto tamén discorre por toda a Mariña Lucense.
O senador socialista por Lugo, César Mogo, autor da Moción, dixo que “é con Pedro Sánchez cando Galicia entrou nos plans do Goberno para dispoñer dunha rede moderna de ferrocarril; co Goberno socialista o AVE chega a Galicia no 2021; co Goberno socialista órzase un investimento de mais de 500 millóns de euros que vai conectar Lugo coa rede de alta velocidade por Ourense; e co Goberno socialista repárase o abandono de anos da liña de Ancho Métrico entre Ferrol e Xixón”.
Mogo remarcou que “despois de moitos anos de abandono, xa se adquiriron 31 trens para as distintas liñas do Ancho Métrico e impulsado algunhas significativas melloras parciais. E agora chegou o momento de impulsar unha modernización das infraestruturas deste servizo, así como na mellora da liña que contemple a reforma e apertura de novas estacións e apeadeiros. E que tamén inclúe unha recuperación e adaptación das frecuencias do paso dos trens, dacordo ás necesidades e demandas dos veciños que serán os principais beneficiarios dos cambios”.
O senador avanzou que “a Mariña Lucense resultará especialmente beneficiada dunha infraestrutura modernizada, e dun servizo ben organizado nas súas frecuencias xa que pode constituír unha alternativa eficaz aos desprazamentos, fundamentalmente en vehículos privados entre as distintas localidades por motivos laborais, de estudos, asistencia aos centros hospitalarios, administrativos. E sen esquecer o enorme potencial turístico dun tren cuxo traxecto discorre en paralelo ás nosas magnificas praias”.
Por último Mogo afirmou que “a nosa provincia merece dispoñer dunha infraestrutura como a do tren pola costa, potenciada e adecuadamente organizada, que representará unha oportunidade de mellora para viaxeiros e as empresas”. Polo tanto “a aprobación desta proposta que presentamos os socialistas tan positiva para Lugo, constitúe un importante respaldo para que o Goberno siga adiante cun proxecto de modernización ferroviaria que é prioritario e necesario”, resumiu o senador.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



