Lugo, 16 de abril de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou hoxe unha explotación gandeira de vacún de leite en Castro de Rei para coñecer de primeira man os efectos que poderá traer a nova normativa que o goberno do Estado quere aplicar respecto aos xurros das explotacións. O deputado da cámara baixa estivo acompañado pola deputada no Parlamento galego Carme Aira, a deputada provincial Mónica Freire e integrantes do BNG de Castro de Rei.
O BNG solicitou a modificación do novo proxecto para que contemple ao sector agro gandeiro galego e a súa realidade. Néstor Rego salientou que “con este proxecto o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza” e destacou que “existen no noso país boas prácticas agrícolas que redunden na diminución das emisións, por isto, o BNG instou ao goberno español a que elabore un plan para que fomente a extensificación das explotacións” declarou Néstor Rego.
O proxecto de Real Decreto polo que se estabelecen as normas para a nutrición sustentábel dos solos agrarios, pretende regular a aplicación de xurros e esterco, a cal non se adecúa á realidade galega. O proxecto obrigaría ás explotacións gandeiras adaptarse a unha normativa elaborada para otras zonas do Estado, o que provocaría “o peche dunha parte do sector do leite e o vacún, este proxecto normativo descoñece totalmente o noso territorio e as súas singularidades, non é o mesmo a Terra Chá que A Montaña, ademais do tipo de explotacións coas que contamos” sinalou o deputado Néstor Rego.
PAC
O deputado no Congreso tamén sinalou a necesidade de que o Ministerio de Agricultura desenvolva un mellor reparto da PAC, xa que os regulamentos aínda non son definitivos e o Ministerio conta con ferramentas para aplicar un reparto máis xusto entre os territorios, o que o deputado sinalou que “o goberno español está negando parte dos fondos da PAC a Galiza, isto significa que o noso agro segue padecendo a centralización dos fondos” no que fixo fincapé en que “o Ministerio ten aínda tempo a desenvolver un mellor reparto das axudas”


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



