Foz, 7 de abril de 2021. Esta mañá celebrouse en Radio Foz o terceiro sorteo de dez vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local focense que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada semana estiveron dedicadas á Ruta das Tapas. Os gañadores destes vales son: Conchi España Redondo, Peña Pachán, Ana Isabel Rodríguez Neira, Ana Goyos López, Antonio Méndez Rodríguez, Lourdes Hermida Caserío, María Centeno Valiña, Noemí Castro Sánchez e Albino Val Pena.
Ao sorteo celebrado hoxe asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade, que se porá en contacto cos premiados para entregarlles os vales.
As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. O edil de Comercio fixo unha “valoración moi positiva desta 17ª edición da Ruta de Tapas de Semana Santa, aínda que as restricións impediron que se desenvolveran con total normalidade polas limitacións nos aforos e por ter que pechar ás 21 horas, o que prexudica bastante aos establecementos. Pero aínda así algúns chegaron a repartir cerca de 200 tapas e en xeral quedaron contentos porque houbo moita afluencia de xente, incluso houbo quen comparaba co verán”.
Chema Linares agradece “o gran esforzo que fixeron os establecementos na preparación destas tapas que requiren moita elaboración. Grazas á súa implicación esta tradicional Ruta de Tapas de Semana Santa volveu ser un éxito. Esperemos que a edición do vindeiro ano poida facerse sen restricións”.
As xornadas gastronómicas imPULSA Foz continuarán do 16 ao 18 deste mes e nesa fin de semana estarán dedicadas á horta da Mariña.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



