Vilalba, 9 de xuño de 2021. Os populares da provincia de Lugo destacan “a incorporación de mozos ás explotacións gandeiras” porque “demostra que o noso rural ten futuro”. Así o manifestou a presidenta e voceira de Medio Rural no Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Elena Candia, durante unha visita á explotación gandeira dun mozo vilalbés, Xabi Paz, que xestiona os terreos da finca Enxebreza situada na parroquia de Vilapedre. Tamén quixeron coñecer de preto este proxecto a presidenta da xestora do PP de Vilalba e deputada autonómica, Sandra Vázquez; o deputado e presidente da Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes no Parlamento galego, Daniel Vega; e outros membros do PP vilalbés.
Vázquez sinalou que “este é un claro exemplo de emprendemento vinculado á posta en valor do medio rural. O aproveitamento dos seus recursos permite o desenvolvemento de iniciativas empresariais que á súa vez favorecen o asentamento de poboación no rural”. A popular defendeu tamén que “é un orgullo para Vilalba que haxa xente nova que aposte pola actividade agrogandeira no noso municipio”.
A importancia da PAC
Os populares subliñaron a importancia das achegas da PAC de cara ao mantemento da actividade das explotacións gandeiras. Concretamente, o Goberno galego dirixiu no último ano preto de 3,9 millóns de euros aos gandeiros de Vilalba a través de distintas liñas de axudas da PAC: axudas directas, agroambientais, zonas de alta montaña ou a pequenas explotacións.
O propio gandeiro puxo en valor estas axudas que “non benefician só aos gandeiros; senón tamén aos consumidores en xeral ao facilitar a adquisición de carne de calidade a prezos asequibles que garantizan o consumo frecuente destes produtos. De non ser por estas axudas, os gandeiros terían que vender a carne a un prezo máis elevado”.
“Pedro Sánchez dá as costas aos gandeiros”
Elena Candia trasladou o seu apoio ás actividades de posta en valor dos recursos do noso territorio e avalou o traballo diario dos gandeiros para producir carne de calidade. Nese sentido, manifestou á súa repulsa á recomendación abalada polo presidente do Goberno de reducir o consumo de carne porque “fai un dano terrible na nosa provincia debido ao peso que ten o sector primario en Lugo”.
“O Goberno de Pedro Sánchez dá as costas aos gandeiros”, segundo manifestou a popular condenando tamén outras políticas do Goberno do PSOE “prexudiciais para os gandeiros que se vén afectados polos ataques do lobo” ao incluílo no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o que suporá prohibir a súa caza a partir do 25 de setembro. “Incluso o PSdeG votou a favor dunha iniciativa parlamentaria para paralizar este veto á caza do lobo desmarcándose da postura do Goberno do Estado”, remarcou.
Candia lembra que “Galicia ten instado ao Goberno central a manter o mesmo status que tiña ata agora”. Nese sentido, a voceira da Comisión de Medio Rural explica que “o Parlamento galego apelou a que o Goberno galego lidere, xunto ás comunidades afectadas, unha estratexia para a conservación do lobo e, unha vez lista, se elabore un novo plan do lobo para Galicia, froito do consenso entre gandeiros, asociacións de defensa da especie e sector veterinario”. De feito, “a Xunta está a traballar na actualización do estudo poboacional do lobo ibérico en Galicia que permita contar con datos técnicos e científicos a consultar antes de adoptar calquera decisión que poida afectar a esta especie”.
Enxebreza
Xabi Paz, de 22 anos de idade, xestiona os terreos da finca Enxebreza, un grupo de empresas relacionadas coa gandería, onde conta cun total de 300 cabezas de gando vacún: 150 de raza salers, de orixe francés, e 150 dunha das razas propias de Galicia, a cachena. As vacas salers aproveitan o pasto das fincas da parroquia de Vilapedre; mentres que as cachenas, máis rústicas, pastan nos terreos situados na zona alta, na Serra da Carba, onde tamén se manteñen 250 cabezas de gando equino.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



