Barreiros, 14 de xullo de 2021. O Concello de Barreiros vén de trasladarlle a Adeac, o organismo que outorga as Bandeiras Azuis, a decisión de non proceder ao izado de ningunha das tres bandeiras azuis outorgadas ás praias de Acantilado-Remior, Coto e A Pasada; ante a imposibilidade de contar con persoal de socorrismo suficiente para garantir os mínimos considerados para o mantemento do emblema.
Na súa comunicación a Adeac, a rexedora manifesta que “consideramos que o emblema outorgado recoñece a calidade das praias e dos servizos existentes nas mesmas durante a tempada estival e pese a ter tratado de cumprir con todas as esixencias e realizar un importante esforzo para poder manter os servizos que deron lugar ao seu outorgamento, entendemos que a opción máis responsable de cara a non perxudicar o recoñecemento presente e futuro do noso municipio a nivel medioambiental e turístico é renunciar ao izado das mesmas nesta tempada, sen impedimento e coa esperanza de poder izalas en vindeiras tempadas. En todo caso, trasladámoslles a nosa intención de manter todos os servizos posibles dando cumprimento aos criterios Bandeira Azul, xa que consideramos que repercuten na boa imaxe dos areais e no benestar das persoas usuarias dos mesmos”.
A alcaldesa explicou que “pese a abrir unha bolsa de socorrismo na primavera e mantela aberta aínda neste momento, só contamos con cinco persoas coa titulación suficiente para traballar no servizo nas praias de Galicia, o que imposibilita cumprir os criterios marcados en todo momento, xa que hai que ter en conta as libranzas do persoal ou posibles imprevistos.”
No que respecta ao persoal de prevención, o Concello apostou pola contratación doutro tipo de persoal, como vixiantes, técnicas sanitarias ou patróns de embarcacións para tentar garantir a seguridade, “pero esas persoas non poden considerarse socorristas e polo tanto, resúltanos imposible garantir en todo momento a cantidade necesaria de socorristas pedido por Bandeira Azul”.
Ana Ermida insiste na necesidade de afrontar esta problemática dun xeito global e na que a Xunta debe poñer os medios para solucionar unha situación que “cada ano é maior e que só se dá en Galicia, por unha serie de decisións en canto a titulación e ás condicións de temporalidade que impiden a profesionalización do socorrismo, condenado a unha tempada de verán cada vez máis curta.”










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



