Burela, 4 de agosto de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a lonxa de Armadores de Burela onde constatou que este centro de poxas conta cun dos sistemas de venda máis avanzados e modernos do mundo pois é totalmente dixital pero mantén a base tradicional de cantar os prezos a viva voz. Para a adxudicación das distintas especies as cotizacións son cantadas por un ordenador e os compradores mercan pulsando simplemente o botón dun mando que cada un deles ten preasignado.
A titular de Mar lembrou a importancia de que o sector aposte de xeito constante pola innovación con actuacións coma esta, que contou cunha axuda da Xunta de Galicia cofinanciada co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca de máis de 160.000 euros a través dun proxecto presentado polo grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal na convocatoria de achegas de 2021. Ademais, trátase dunha mellora que permite a adxudicación dos lotes de forma automática cando así o sinalan os compradores, permitindo unha trazabilidade e disposición de datos contables instantáneas.
Este sistema, que se instalou en probas a comezos de xuño, permite dixitalizar totalmente a poxa das capturas que chegan a esta lonxa, a segunda máis importante de Galicia en canto a facturación. Trátase dun avance importante tendo en conta tamén que Burela é un dos referentes na comercialización de especies como a pescada do pincho ou o bonito do norte, produtos moi demandados en toda España pola súa calidade ao ser capturados con artes de pesca moi selectivas.
A representante do Executivo galego animou aos representantes da lonxa de Burela (Armadores de Burela SA, ABSA) e do conxunto do sector a seguir apostando por este tipo de melloras que contribúen a optimizar o labor dos profesionais do mar e a impulsar a competitividade dos portos, que son fonte de emprego e riqueza na súa contorna. Neste sentido, lembrou que a Xunta destina este ano máis de 16 millóns de euros ás iniciativas que presenten os oito GALP existentes en Galicia e que as preto de medio milleiro de accións desenvolvidas na comunidade desde 2016 ao abeiro destas entidades supuxeron a mobilización de máis de 30 millóns de euros de axuda pública.
Nave de redes e porto de Celeiro
A titular de Mar, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, tamén visitou a nave de redes de Burela. Este inmoble, que emprega a confraría de pescadores local para almacenar e reparar artes e aparellos, está a ser reformado e acondicionado polo ente portuario galego co obxectivo de mellorar as condicións de traballo dos seus usuarios. As obras, que contan cun investimento de preto de 270.000 euros, inclúen actuacións como a substitución da cuberta, arranxos na fachada, a substitución das portas de acceso por outras corredías, a renovación da instalación eléctrica e a construción dun aseo e un almacén na zona central da nave, entre outras.
Rosa Quintana visitou posteriormente o porto de Celeiro (Viveiro) onde comprobou en que van consistir as obras que ten proxectadas Portos de Galicia para a remodelación e ampliación das instalacións de atraque das embarcacións de artes menores locais. Os traballos consisten na instalación de pantaláns flotantes e a redistribución dos xa existentes para dar servizo e cubrir as necesidades da frota profesional e de recreo.
As actuacións previstas, que contan cun orzamento base de licitación de máis de 400.000 euros, permitirán separar os atraques das embarcacións en dúas zonas con accesos diferenciados, unha para as embarcacións profesionais e outra para as de lecer, facilitando así o desenvolvemento e a organización das dúas actividades.
A conselleira do Mar tamén aproveitou a visita ao porto de Celeiro para manter un encontro cos representantes do sector pesqueiro local e analizar a evolución da actividade nos últimos meses tendo en conta o impacto da alerta sanitaria polo coronavirus así como para coñecer as necesidades dos profesionais do mar da zona co obxectivo de facilitar o seu labor diario.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



