Lugo, 6 de setembro de 2021. O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta tarde en Viveiro a terceira edición do Rally da Mariña, que se disputará do 10 ao 12 de setembro nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.
A carreira, que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Vicepresidencia da Deputación, constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca. O parque de control estará situado en Lavandeiras, en Celeiro, e o de reagrupamento en Covas, en Viveiro.
Na presentación do evento, á que asistiron representantes institucionais de todos os concellos polos que pasa a proba, o deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “a disputa desta terceira edición supón un paso adiante na consolidación do Rally da Mariña, unha proba pola que apostamos desde o inicio da lexislatura desde a Vicepresidencia da Deputación pensando en cubrir un oco que ata daquela estaba baleiro pese a gran afección ao motor que hai tamén nesta zona da Mariña”
Neste sentido, o deputado sinalou que “se trata dunha edición ambiciosa, que amplía o percorrido chegando este ano aos concellos de Muras e Ourol, nos que se disputarán os dous primeiros treitos, e que tamén medrou a participación de pilotos da comarca, con sete inscritos”.
Os afeccionados e afeccionadas que queiran acceder aos tramos cronometrados para seguir a carreira terán que rexistrarse previamente na web do rally (rallyemarina.wordpress.com), unha medida adoptada para facilitar un control efectivo do evento por parte da organización e das autoridades sanitarias fronte a Covid 19.
O presidente da Escudería MixRallyeSports e director de carreira, Ignacio Davila, confirmou a inscrición de 67 participantes, entre os que destacan nomes como o Víctor Senra e Jorge Pérez – actuais primeiro e segundo clasificados no Campionato de Galiza de Rally -, ou Iago Caamaño e Alberto Meira, que tamén optan ao podio galego. Na grella de saída, estarán tamén sete pilotos da Mariña ( Samuel Fernández, Borja Ramudo, Brais Basanta, Angel Galdo, Manuel Castro Pita, Diego Lage e Omar Polo)
O Rally da Mariña é a cuarta proba do Campionato Galego de Rally, o segundo en disputarse en Lugo tras a Subida a Chantada. O vindeiro será o Rally San Froilán.


























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



