Lugo, 26 de novembro de 2021. A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, informou que a Xunta de Goberno deste venres aprobou a adxudicación de 7 dos 8 lotes nos que está dividido o contrato para a prestación do servizo de conservación e mantemento das estradas de titularidade provincial por un importe de 5,2M.
Neste contrato inclúense todas as tarefas necesarias para a conservación e o mantemento das estradas, e para a atención de emerxencias, causas sobrevidas e consecuencias das inclemencias meteorolóxicas que afecten á rede viaria provincial. Está dividido en 8 lotes, un por cada zona da rede de estradas, “co fin de poder actuar dun xeito máis áxil e eficaz, sobre todo tendo en conta a enorme rede de estradas coa que contamos, que, lembremos, é a máis extensa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia na provincia de Lugo”, sinalou García Porto.
Tras a adxudicación aprobada hoxe, queda o lote número 5 do contrato, correspondente aos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna, que quedou deserto, polo que se volverá a sacar a contratación, segundo explicou a Deputada. Así mesmo, lembrou que “a mellora da mobilidade é unha das liñas de actuación prioritarias deste Goberno provincial”, tal e como demostra que nos Orzamentos do ano 2022 suben de novo as partidas destinadas a estradas ata alcanzar os 17,3M€.
Granxa Gayoso Castro
Por outra banda, a Xunta de Goberno licitou por un importe de pouco máis de 6.300€ o contrato para o subministro dunhas 25 toneladas de alfalfa para o gando equino da Granxa Gayoso Castro. O contrato terá unha duración dun ano e será prorrogable a dous máis.
Remanentes do Plan Único
A Xunta de Goberno deu luz verde tamén á solicitude do Concello de Friol para destinar a novas obras os remanentes de actuacións do Plan Único do 2021 por un importe de 80.800€. En concreto, a Deputación de Lugo achegará máis de 48.000€ para pavimentar os accesos na parroquia de Carlín e preto de 32.500€, para os de Carballo, Friol e Recarei.























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



