Lugo, 16 de decembro, 2021.
CIRCUÍTO DE TEATRO AFECCIONADO
Venres, 17 de decembro
XERMADE
Biblioteca Municipal, 18:00 horas
O Grupo Alentía Teatro, de Palas de Rei, representa “A escada dos soños”.
Sinopse:
É este un compendio de historias que aborda con tenrura e humor problemas tan importantes como a igualdade de oportunidades entre os xéneros, o acoso escolar, a cultura da paz, o recoñecemento á sabedoría e á experiencia das persoas maiores, o valor instrumental da educación como ferramenta imprescindible no crecemento do ser humano… Trátase dun espectáculo que reflexiona, en clave de humor, sobre a importancia de cultivar a autoestima, a mellor ferramenta para sortear obstáculos na vida. Que a fantasía arroupe os nosos corazóns!
CERVO
Salón de actos do Concello de Cervo, 20:00 horas
O grupo de teatro A Mariña, de Cervo, representa “O xardín solitario”.
Sinopse:
Comedia de dous actos. Un Xardín que se sinte só, convoca a diferentes árbores frutais para escoller aquela que poderá vivir con el na súa ladeira norte. Ata alí achegaranse o Señor Limoeiro, cargado de limóns para agasallarlle ao Xardín, o Señor Laranxo, que tratará de persuadir ao Xardín coas súas saborosas laranxas, a Señora Cerdeira, convencida de ser a árbore gañadora e o Señor Kiwi, coa súa gran parra de kiwis. Tamén acudirán ao chamado o Señor Castaño, prometéndolle ao Xardín as mellores castañas da zona e a gran Maceira, fachendosa das súas mazás vermellas. Por último, recibirá as visitas dunha gran Nogueira e do Señor Cáctus. No desenlace…, que árbore será a afortunada?
Sábado, 18 de decembro
LÁNCARA
Espazo polifuncional do Campo da Feira, 19:00 horas
O Grupo de Teatro Os Palimoquiños, de Lugo, representa “Borralliña”.
Sinopse:
Esta é unha adaptación de “La Cenicienta” dos irmáns Grimm en clave de humor. Hai moito moito tempo, había un país moi rico gobernado por un Rei e unha Raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola. Eran moi felices xunto co seu fillo Azul Celeste. Só unha preocupación atenazaba os seus corazóns, o desexo de ver ao seu fillo casado…
Domingo, 19 de decembro
SARRIA
Casa da Cultura, 19:00 horas
O Grupo de Teatro Nova Escena, de Lugo, representa “A tortilla e a peste”.
Sinopse:
Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía.
RIBADEO
Teatro de Ribadeo, 20:00 horas
O Grupo de Teatro Curuxán, de Lugo, representa “Spinof”.
Sinopse:
Obra baseada no método Harold de creacións de escea impro. A través de tres historias conectadas co “efecto bolboreta´´, o propio público escollerá aos protagonistas, ás súas historias, o contexto e os seus obxectivos: un home negocios que precisa axuda, unha anciá que só ten lembranzas e unha axente de viaxes que quere rematar a súa xornada para poder descansar. Que relación teñen entre si? E se non son eles e son outras personaxes totalmente distintas? E se nos atopáramos nun mundo fantástico, pasando a outro de detectives e rematando cun musical? Neste caos argumental ao final todo ten o seu sentido.
Martes, 21 de decembro
BECERREÁ
Polideportivo do Ceip San Xoán de Becerreá, 18:00 horas
O grupo de teatro A Mariña, de Cervo, representa “O xardín solitario”.
Sinopse:
Comedia de dous actos. Un Xardín que se sinte só, convoca a diferentes árbores frutais para escoller aquela que poderá vivir con el na súa ladeira norte. Ata alí achegaranse o Señor Limoeiro, cargado de limóns para agasallarlle ao Xardín, o Señor Laranxo, que tratará de persuadir ao Xardín coas súas saborosas laranxas, a Señora Cerdeira, convencida de ser a árbore gañadora e o Señor Kiwi, coa súa gran parra de kiwis. Tamén acudirán ao chamado o Señor Castaño, prometéndolle ao Xardín as mellores castañas da zona e a gran Maceira, fachendosa das súas mazás vermellas. Por último, recibirá as visitas dunha gran Nogueira e do Señor Cáctus. No desenlace…, que árbore será a afortunada?
Mércores, 22 de decembro
BEGONTE
Casa da Cultura, 18:00 horas
O Grupo de Teatro Os Pinchacarneiros, de Lugo, representan “O Lazarillo do Miño”.
Sinopse:
Esta é unha versión distinta do clásico do Lazarillo. Varios Lazarillos localizados nas terras do Miño, amosan unha realidade poboada de xentes de todo tipo, cregos nada caritativos, ricos que son máis ben mendigos, xente que se aproveita da boa fe dos demais ou persoas que loitan por ter un codelo de pan que levar á boca. Neste contexto, os diferentes lazarillos deberán tirar do seu enxeño para poder sobrevivir e non morrer de fame. E todo isto con moito humor, danza, teatro e, sobre todo, integración.
CIRCUÍTO DE TEATRO PROFESIONAL
Sábado, 18 de decembro
LUGO
Local da Asociación Cultural Hipócrita Teatro, 18:00 horas
A compañía Sr López Producións, representa “A viaxe do señor López”.
Sinopse:
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan características do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit. Úneste á súa viaxe?




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.


