
Foto de arquivo
Burela, 9 de febreiro de 2022. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou este mediodía que queda suspendida a celebración do mercado semanal dos venres desde o 11 de febreiro ata novo aviso. O Concello estalle a comunicar hoxe a medida aos vendedores que acoden a esta cita. O obxectivo é proceder á reorganización dos postos en Torrentes para mellorar a seguridade e a fluidez nesa zona.
O rexedor explicou que “co fin de reorganizar o mercado dos venres que temos no noso concello vamos suspendelo durante un tempo, dado que hai que adaptarse á nova normativa Covid. Na zona de Torrentes vamos sinalizar ben os postos onde teñen que ir colocados, abarcando o máximo posible para dar fluidez e seguridade. Como é necesario e urxente reorganizar os postos, estamos avisando aos vendedores de que este venres xa non haberá o mercado ata novo aviso”.
Llano subliñou: “procuraremos facer a reorganización o antes posible, chamando a todos os vendedores que queiran vir ao mercado para que quede dunha maneira máis definida, fluída e con maior seguridade e garantía de que todos poidan instalar o seu posto no seu sitio. Esperemos telo solucionado o antes posible para que ninguén se sinta prexudicado”.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



