Burela, 9 de abril, 2022. Ao Pescados Rubén Burela parece non afectarlle o pase a final da Copa Galicia, xa que se plantou hoxe como visitante en Móstoles na xornada 22 da Primeira RFEF, con autoridade para levar a casa os tres puntos, despois de gañar efectuando unha impresionante remontada 2-3 ao Fútbol sala Feminino Móstoles.
O partido empezaba cun Burela con ganas de conseguir a vitoria, adiantándose nos 2 primeiros minutos mediante obra de Ale de Paz. As laranxas buscaban máis a portería contraria, e non se amedrentaban ante as terceiras clasificadas, que apenas perderon, con este último 2 partidos na casa.
Con todo, chegado o ecuador da primeira metade, as locais empezaron a atoparse mellor sobre a pista, e o Pescados Rubén Burela estaba a perder moitos balóns e tendo faltas de comunicación. O Móstoles estaba a xerar máis, ata que chegou o xusto empate tras un fantástico gol de Benete.
Os últimos minutos da primeira parte foron similares, as burelistas non conseguían mellorar o seu xogo e volver combinar como na primeira fase do partido, e tras un tempo morto no minuto 18, puxéronse por diante as locais a través dunha combinación entre Benete que asiste a Sara Santos. Con isto acaba a primeira parte.
No inicio da segunda parte, o Burela sae con intencións de anotar e a medida que van a avanzando os minutos, van recuperando o seu xogo. Van sucedéndose as ocasións, ata que, tras unha xogada ensaiada, Jenny empata o partido merecidamente. Chegado o minuto 30, as laranxas exercían a súa mellor versión sobre a pista, e seguían chegando unha e outra ocasión que evitaba a porteira do Móstoles Ari.
Chegado o minuto 35 como consecuencia dun trallazo de falta de Ale de Paz, pon por diante ao Burela e culmínase a buscada remontada. Despois deste feito, as visitantes xogan a súa carta de porteira xogadora para buscar o empate.
Os instantes finais de xogo caracterizáronse por unhas laranxas xogando de maneira sensacional co seu resultado favorable, aguantando e en ocasións, con oportunidades de aumentar a súa renda. Seguindo esa pauta, vai chegar o final do partido co definitivo 2-3, tras unha remontada das Burelistas, que nos demostran en todos os partidos que sempre hai que confiar nelas.
Ficha técnica
Fútbol Sala Femenino Móstoles: Ari, Patri Chamorro, Myrielen Inma, Benete, Rafinha -cinco inicial- Pilar Ros, Sara Santos, Lucía, Silvia, Celia, Clara Chaves.
Pescados Rubén Burela: Jozi, Dany, Emilly, Ale De Paz, Camí, -Cinco inicial-Jenny, Lara Balseiro, Elenita, Bea Mateos, Cilene ,Elena Aragón, M.Cortés y Sandra Buzón
Goles: Min 2 Ale de Paz 0-1; Min 13 Benete 1-1; Min 18 Sara Santos 1-2; Min 25 Jenny 2-2; Min 35; Ale de Paz 2-3.
Equipo arbitral: Mayo López, Héctor – Panadero Diaz Concha, Carlos , Lopez Moreno, Angel – Jarque Ruiz, Alejandro. Cartóns amarelos Móstoles: Rafinha, Celia, Inma. Pescados Rubén Burela: Jenny.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primera División RFEF, disputado en el pabellón Villafontana.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



