Xunto co festival, organízase a X edición da Foliada do Emigrante, o venres.
Barreiros, 4 de agosto de 2022. O Festival do Emigrante, que se celebrará este sábado, chega á súa XXXIX edición, despois de dous anos nos que non se puido celebrar pola situación sanitaria.
Nesta ocasión, a cita folclórica organizada pola Agrupación Folclórica O Arco da Vella e o Concello de Barreiros, contará con grupos chegados de Georgia e México. A cita terá lugar a partir das 22 horas, no pavillón do CEIP de San Miguel, a onde se decidiu trasladar debido á inestabilidade meteorolóxica. Alí actuarán “The Ensemble University Fliying Georgians” e a “Compañía de Danza Folclórica Tierras Mexicanas”, xunto coa agrupación local O Arco da Vella.
O presidente da agrupación folclórica, Enrique Penabad, sinala que esta é “a cita máis importante do ano para quen compoñen a agrupación, pola visibilidade internacional e porque é un momento de emoción no que sempre estreamos algunha peza nova”.
O festival comezou coma una especie de homenaxe ás persoas que tiveran que marchar e volvían no verán, permitíndolles desfrutar do folclore que se practicaba no seu pobo durante todo o ano. “Aínda que mantén en parte esa función, o Festival do Emigrante traspasou ese límite e tense convertido nunha cita de renome dentro de Barreiros, o que favoreceu o seu nomeamento como Festa de Interese Turístico, proxectando o seu incalculable valor na posta en valor das músicas e tradicións propias”, sinalou a alcaldesa.
X edición da Foliada do Emigrante
Cada vez máis consolidada tamén está a Foliada que precede ao festival. Desde hai 10 edicións, o venres anterior ao festival, o Arco da Vella tamén promove una foliada na que nesta ocasión participarán, ademais da asociación organizadora, as asociacións culturais Amado Lar do Valadouro, Arume de Burela, Amigos da Gaita de Ribadeo e Brisas do Eo de Santirso.
Ao igual que no caso do festival, a previsión meteorolóxica fixo que a celebración da Foliada se trasladara ao interior, neste caso á Sala Metro, situada a poucos metros da Praza do Souto. A cita coa música galega dará comezo a partir das 21:30horas.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



