Burela, 1 de setembro, 2022. Como en anos anteriores ata o 15 do presente mes de setembro, está aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela
Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola
Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.
Continuará aberta a aula de formación musical para adultos e o curso de Música e Movemento para nenos entre catro e oito anos, así coma as outras especialidades instrumentais de corda (violín, viola, violonchelo e contrabaixo), vento( óboe, clarinete, saxofón, frauta, fagot, trompeta, trompa, tuba, trombón…etc), piano e percusión, e as materias complementarias coma o linguaxe musical, coro, audicións, harmonía, jazz, banda, formación orquestral, etc.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



