O secretario xeral do PSdeG sinala que “Galicia non é nada sen os seus pescadores”, e anuncia o apoio total dos socialistas galegos ao sector pesqueiro
Vigo, 21 de setembro de 2022. O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle hoxe a Rueda que “colla un avión e vaia a Bruxelas a ver á presidenta da Comisión Europea, que é do PP Europeo, para reclamarlle a suspensión do Regulamento que prohibe a pesca de arrastre”. Así o dixo logo de manter un encontro hoxe coa dirección da Cooperativa de Armadores de Vigo -Arvi-.
“Ou defendes Galicia ou defendes as siglas partidistas, e o PSdeG claramente está con Galicia e co sector da pesca”, sinalou Formoso para reclamarlle a Rueda que se plante diante de Ursula von der Leyen e defenda “de ti a ti” a suspensión do Regulamento. Lembrou que a Comisión Europea é a que aproba o Regulamento que prexudica enormemente á pesca galega, e que está “dirixida maioritariamente polo PP Europeo”.
O responsable socialista apuntou que “botamos de menos esa viaxe hai tempo, pero agora mesmo a esiximos”, antes de apuntar que “sabemos que non depende de Alfonso Rueda” en última instancia. Sen embargo, engadiu, “hai que demostrar” o apoio ao sector e “facer o esforzo aínda que incomode aos seus socios, igual que facemos nós”.
Pola súa banda, Formoso instou ao goberno de España que “pelexe xurídica e politicamente” para frear esta norma. Ao mesmo tempo reclamoulle á Xunta que “pelexe conxuntamente co goberno de España” e engadiu que “aparte da sanidade, non ten outro tema que tratar”.
Galicia non é nada sen os pescadores
O secretario xeral do PSdeG sinalou que “Galicia non é nada sen os seus pescadores, sen o seu sector pesqueiro”, antes de subliñar o compromiso pechado do PSdeG na defensa do sector pesqueiro. Reivindicou o traballo e o esforzo “imprescindible” na “defensa do sector” fronte a unha norma que, “se entra en vigor, pode ter un impacto socioeconómico estratéxico de país”.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



