O portavoz, José Manuel Gómez Puente, lembra que “ao tratase dun tramo urbano é competencia do goberno municipal xestionar a súa limpeza”
Barreiros, 21 de outubro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, advirte da preocupación dos veciños ante o risco de desbordamento do río Forcón -máis coñecido como río da Barranca- ao seu paso polo tramo urbano de San Miguel de Reinante debido a que se atopa cheo de maleza. É por iso polo que urxe ao goberno local do BNG a levar a cabo os traballos de limpeza que sexan necesarios. O popular lembra que “ao tratase dun tramo urbano é competencia do goberno municipal xestionar a súa limpeza”.
O popular convida, polo tanto, ao goberno nacionalista a remitir canto antes a correspondente documentación a Augas de Galicia e “acometer con urxencia os traballos de limpeza”. De feito, sinala o voceiro do PP: “É o momento idóneo porque o río aínda leva pouca auga e se os traballos se atrasan ata o inverno dificúltanse os traballos de limpeza”, explica.
Gómez Puente sinala que “urxe levar a cabo estes traballos porque a acumulación de ramas e malas herbas pode dificultar o paso da auga e, no caso de rexistrarse fortes chuvias, provocar desbordamentos na zona”. O popular convida, polo tanto, a tomar en serio os traballos de limpeza para evitar posibles danos nas vivendas, no paseo público ou, incluso, nas pontes que atravesan o río”.
Os populares permanecen atentos a todo o que ten que ver coa seguridade dos veciños e a boa imaxe do municipio. Así, nesta ocasión urxen ao goberno local a atender á súa responsabilidade e dar solución a esta demanda veciñal.









Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



