A piques de rematar o 2022, Manuel Rouco fai balance do grao de cumprimento do goberno socialista
Burela, 26 de decembro de 2022. O PP de Burela agarda que “o goberno do señor Llano cumpra para o 2023 as promesas e acordos polo ben dos veciños e veciñas do nosa vila”. A piques de rematar o ano 2022, o voceiro do Grupo Municipal do PP de Burela, Manuel Rouco, sinala que “o goberno socialista non dá explicacións sobre os seus sistemáticos incumprimentos”.
O popular cita, por exemplo, “a promesa durante a campaña das municipais do 2019 de construír un novo pavillón de deportes que fora moi sonada”. Tamén apunta Rouco que os socialistas se comprometeran a construír un polígono industrial para Burela, o único concello da costa da Mariña que non ten parque empresarial. Tamén manifestaran o seu compromiso para arranxar a grada do campo de fútbol da Marosa, pero xa imos polo terceiro intento de licitación das obras co seu terceiro proxecto aparellado e o seu correspondente incremento de gasto. Parece que o asunto vai para largo”, subliña Rouco.
O voceiro e presidente do Partido Popular de Burela explica que “o alcalde prometeu aos comerciantes ambulantes que ía habilitar unha solución antes de final de ano para modificar a localización do mercado semanal, pero á vista está que nada de nada”. Igualmente, “o goberno local que preside o señor Llano tamén asegurou que o edificio da antiga Capitanía Marítima ía ter un ascensor para facilitar o acceso ás persoas con dificultades de mobilidade ao segundo piso onde se atopa o xulgado de paz; pero ata o de agora nada de nada, tampouco”.
Rouco sinala tamén entre os “numerosos exemplos de incumprimentos do goberno local: o compromiso para aumentar o grao de transparencia e facilitar o acceso á información por parte dos veciños e veciñas de Burela do que nada se sabe”. Por exemplo, nestas datas podería ter publicado no Portal de Transparencia as modificacións do PXOM que foron a pleno; pero, en lugar diso, obriga aos veciños e veciñas a ir á Casa do Concello para solicitar a documentación e coñecer ditas modificacións; unha situación que, en moitos casos, supón un trastorno”.
INCUMPRIMENTO DOS ACORDOS PLENARIOS
O voceiro popular de Burela sinala tamén incumprimentos nos acordos adoptados polo pleno da corporación municipal ao longo deste mandato. “Se ben é certo que non son vinculantes, dar cumprimento aos acordos adoptados é a forma de respectar o máximo órgano de goberno da corporación. Pero cando non se acorda o que ao alcalde lle gusta, decide non sacalo adiante”, condena Rouco que apunta tres exemplos. Por unha banda, o arranxo da Casa do Caminero -de titularidade municipal situada na entrada de Burela dende Cervo e en estado ruinoso- acordado en pleno fai máis dun ano; e, por outra, a sinatura dun convenio con Alcoa para a instalación dunha caseta de control medioambiental en terreos municipais como é a Escola de Música porque non pode ser que unha empresa privada empregue chan municipal sen ningún tipo de acordo previo”.
Así mesmo, explica que “no pasado pleno deste mes de decembro, o goberno socialista comprometeuse a asinar un documento para instar tanto á Deputación de Lugo coma á Xunta de Galicia para facer unha achega económica -que a Xunta xa fixo con máis de 65.000 euros- dirixida a que as catro vivendas de emerxencia social dos Castros puideran ser executadas pola Congregación Hijas del Divino Celo Rogacionistas”.
Rouco explica ao respecto que “os socialistas trataron de paralizar durante o pleno a moción presentada polo Grupo Municipal Popular a instancias da Congregación mediante unha emenda que era totalmente irrealizable. Os socialistas pedían que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) asignara de forma directa unha contía de 85.000 euros para financiar estas vivendas cando é sabido que estas axudas son por concorrencia competitiva. Curiosamente, nesa emenda esquecían instar á Deputación de Lugo que si pode asignar axudas de forma nominativa -a única no eido de Galicia que o pode facer no eido social- a axudar á Congregación asentada en Burela para levar a cabo este labor tan importante e encomiable”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



