A Mariña, 19 de xaneiro de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou en Fitur a nova campaña de promoción do xeodestino Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia diante de autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
Neste acto participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, por delegación do presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, quen tivo que disculpar a súa ausencia por motivos de axenda municipal, José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, e Javier Arias, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
Na presentación abordáronse as principais accións que se están a desenvolver no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que está tendo lugar na actualidade, e visionouse o vídeo que marcará o inicio dunha nova campaña deseñada tras o éxito de Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense, coa que se viña promocionando o destino nos últimos dous anos.
A nova proposta quere subliñar os atractivos e a variedade de recursos cos que conta o territorio, e reivindicar eses atributos que fan da Mariña un destino absolutamente único en Galicia, contando en primeira persoa catro experiencias vividas que poñen de manifesto ese extraordinario plus de singularidade que define a esta comarca….”segredos que queremos que os viaxeiros descubran, vivan e compartan”.
A campaña, que en Fitur está apoiada por material impreso en formato postal das catro declaracións que integran o vídeo, será executada durante os próximos meses a través de diversos medios convencionais e dixitais e ten por obxectivo incrementar o recoñecemento e notoriedade do destino ao tempo que reforzar o posicionamento da Mariña na mente do cidadán, principalmente a nivel nacional.
Durante os días profesionais da Feira Internacional de Turismo do 18 ao 20, o ente supramunicipal participará en diversas reunións con operadores turísticos co obxecto de presentarlles os recursos, produtos e servizos turísticos do xeodestino, para favorecer a inclusión da Mariña Lucense nos seus programas. Tamén se realizarán encontros con empresas e profesionais de sector para coñecer novidades en diversos ámbitos e casos de boas prácticas noutros destinos coa posibilidade a aplicar no territorio.
Os visitantes de Fitur 2023 poderán atopar información turística sobre A Mariña Lucense e os distintos concellos no módulo provincial de Lugo no stand de Turismo de Galicia, sito no pavillón 9 do recinto feiral de Ifema ata o domingo 22 de xaneiro.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



