Burela, 6 de febreiro de 2023. Do 17 ao 22 de febreiro desenvolverase a programación do Entroido de Burela 2023, que hoxe presentaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.
As actividades arrincan o día 17 coa festa xuvenil que terá lugar de 19 a 22 horas na praza de abastos con dj, chocolatada e filloas. O 18 de febreiro, tamén na praza de abastos, está programado un pintacaras e obradoiro de máscaras de Entroido. Será de 11 a 14 horas.
No mesmo escenario, é dicir na praza de abastos, haberá un obradoiro de cociña infantil o 20 de febreiro entre as 16:30 e as 19:30 horas. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse en Gaia nos seguintes teléfonos: 647 136 673 ou 982 580 867.
O 19 de febreiro, domingo, será o desfile de Entroido a partir das cinco da tarde desde a Rúa do Ril ata a Praza da Mariña. As inscricións para participar deberán facerse na Casa da Xuventude ata o 17 de febreiro, de xeito presencial, por correo electrónico en casaxuventude@burela.org ou por teléfono 982 581 141 ou 647 136 673. Tamén pode ser no local de Ledicia o mesmo día do desfile a partir das tres e media da tarde. En total a organización repartirá 2.200 euros en premios.
As actividades do Entroido de Burela seguirá o 21 de febreiro, festivo local, coa celebración do día do neno no pavillón dos IES, de 16:30 a 21:00 horas. Haberá inchables, pintacaras, manualidades, photocall, música, desfile e premios.
O remate do Entroido burelés será o 22 de febreiro co Enterro da Sardiña a partir das 20 horas desde O Poeta ata O Penoural.
Alfredo Llano e Toñi Eijo animan “á veciñanza a participar no noso Entroido, que conta con actividades para todos os públicos. Agardamos que sexa do agrado de todas e todos”.
E agradecen a colaboración de todas as asociacións implicadas ademais da realizada pola Deputación de Lugo: “trátase de Acia Burela, Ledicia, As Encaixeiras, asociación Esperanza de loita contra o cancro, Amas de Casa Burela, Raíces Peruanas, asociación saúde mental A Mariña e Banda de Gaitas Dambara”.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



