Pasou outro oito de marzo coa bandeira da igualdade, reivindicando e celebrando en clave de xénero. E moito se podería dicir delo. Mais o 8M pode ter outras connotacións, se se quere máis humildes ou menos coñecidas, pero que ven ben non esquecer. Por exemplo, o ser a data na que se comezou a Galipedia, a Wikipedia en galego, https://gl.wikipedia.org, unha entidade que o pasado 8 de marzo cumpriu 20 anos.
Da Wikipedia en xeral e da Galipedia en particular, tamén poden dicirse moitas cousas. Unha das últimas que viñeron a incorporarse a esa lista é a que apareceu case o mesmo día 8 nunha noticia sobre unha pretendida clasificación internacional das linguas xestionada por institucións francesas. A clasificación abrangue esta edición algo máis de 600 linguas, entendendo que estarían máis ou menos as máis relevantes. Pode consultarse en https://www.calameo.com/read/0053751144b5e886a29e9. Resulta que o galego estaría nun posto 37 entre os milleiros de linguas faladas pola humanidade hoxe. Coido que habería moito que argumentar ó estudo clasificatorio e ó posto do galego nel, cando o catalán está no posto 12, o asturiano no 50 e o eúscaro xusto por detrás do galego, posto 38. Mais polo que traio esa noticia aquí é porque algúns dos criterios considerados para a clasificación son a presenza da lingua correspondente en internet en xeral, e na Wikipedia, en particular.
Así eses 20 anos que xa cumpriu a Galipedia, con case 200 000 artigos que teñen feito dela xa dende hai anos, a maior enciclopedia en galego que ten existido, alumean unha traxectoria de soporte lingüístico e de coñecemento recoñecido a nivel mundial, pero moitas veces ignorado na propia terra. Así, non é raro atopar quen descoñece a existencia da Galipedia ou quen non a considera para o seu uso, cando se ben ten menos artigos que a versión en castelán, que, á súa volta, ten menos que a versión en inglés, tamén hai temáticas concretas que trata en máis profundidade que ambas, e outras moitas que, aínda que non teña entradas en tanta cantidade e tan desenvoltas como elas, son abondo explicativas e útis para o seu uso diario. Por suposto, sobre a calidade dos artigos, que na versión inglesa vai quince anos que diversos estudos indicaron que superou a daquela icónica Enciclopedia Britannica, e que segue a mellorar, non vou falar máis.
E, lembrando de novo a celebración coincidente no tempo do día da muller, dicir que na Galipedia (e en xeral na Wikipedia) tense detectado dende hai tempo unha fenda de xénero, tanto en relación ás persoas que editan como no número de artigos agrupados por xénero ou na profundidade con que son tratados. Algo que está a corrixirse, pero aínda queda … moito.






O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



