Foz, 17 de marzo de 2023. O Concello de Foz valora moi positivamente a próxima apertura do desvío e o avance dos traballos na estrada Nacional n-642 na Areoura. E o alcalde, Fran Cajoto, agradece o cumprimento por parte do Ministerio dos prazos comprometidos na reunión mantida na Subdelegación do Goberno en Lugo o 20 de febreiro.
“Preocupábannos os prazos das obras, pero o Ministerio está a cumprir de forma moi rigorosa coas datas que nos trasladou. Despois dos asentamentos producidos na N-642 á altura da Areoura o 20 de xaneiro e dunha fin de semana de gran incerteza coa Mariña dividida en dous solicitamos unha reunión coa Dirección General de Carreteras. Nese encontro, celebrado o 20 de febreiro na Subdelegación en Lugo coa presenza da subdelegada, Isabel Rodríguez; o director general de Carreteras do MITMA, Juan Pedro Fernández Palomino; o xefe da Demarcación de Carreteras en Galicia, Ángel González del Río; a Xefa de Conservación en Lugo, os alcaldes de Burela e Foz e os concelleiros de Burela Carmela López e Foz Carlos García, trasladáronos os distintos fitos, os cales están a cumprir rigorosamente”, explica Fran Cajoto.
O rexedor municipal engade que “unha vez rematado o desvío provisional, un corte ferroviario o 10 de abril vai posibilitar executar a seguinte fase, cunha importante escavación na estrada actual que deberá resolver o problema de forma definitiva. Ao ser unha obra de emerxencia puidéronse axilizar os prazos: preocupábanos moito que a obra non avanzara ante o incremento de tráfico que se produce en verán. Ademais hai que destacar que Carreteras atendeu a reclamación do Concello e vai habilitar un ramal provisional para acceder ao parque empresarial de Burela desde Foz, evitando deste xeito o rodeo que teñen que facer a día de hoxe veciños e tráfico pesado”.
Fran Cajoto destaca: “os dous concellos estamos moi coordinados con Carreteras ante este gran problema, a comunicación co alcalde de Burela e coa concelleira Carmela López é constante. Agradecemos a dilixencia do Ministerio para sacar adiante unha obra de emerxencia que é fundamental non só para Foz senón para toda a comarca e que fai máis palpable ca nunca a necesidade que temos da tan agardada autovía”.


























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



