O encontro, en homenaxe a Francisco Fernández del Riego, está marcado para as 7 da tarde, na escola de Arroxo, Lourenzá.

Por causas alleas ao Concello de Viveiro, a función do grupo de teatro "O Bordelo" de Cervo que tiña lugar o 7 de octubro aprazase para o 24 de novembro. Desculpen as molestias.
Xs pequenxs desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as. As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura. Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10:00 a 11:30 horas (de 1º a 3º de primaria); e de 11:30 a 13:00 horas (de 4º a 6º de primaria).
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, deulle a benvida este martes ás persoas participantes no XV Curso de Xuíces Gandeiros de Raza Rubia Galega, que desenvolve a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA) nas instalacións da Granxa Gayoso Castro da Deputación, situadas en Castro de Rei.
O venres terá lugar a XV Festa dos callos, cunha abundante ración, pan e viño por 7€. O sábado: ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión. Ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Galia. Ás 22:30 horas: Verbena co Grupo Galia e a Disco Móvil Conxuro. Para rematar a festa, o domingo 8 de outubro, haberá
ás 13:00 horas esión Vermú prolongada co Duo D´Caché.
O accidente produciuse en Vilouriz, lugar do concello de Cospeito, ao fío das 13:00 horas da tarde. Nese momento, informábase ao 112 Galicia dun accidente laboral. Nada máis ter constancia do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Lugo. Xa no punto, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao varón. O finado, Manuel Lamas, era delegado do Racing Vilalbés e pai do actual adestrador do equipo chairego.
Por ese motivo, o Centro de Día A Concordia de Ribadeo celebrou unha festa por todo o alto. Animou o pre-xantar a cantante mexicana Betty Sing e unha das persoas usuarias puxo voz a un reivindicativo manifesto.
A organización Prato_DO volve a organizar a limpeza simultánea de praias promovida pola ADEGA. Nesta ocasión a limpeza será en colaboración co CEIP de Celeiro, quen continúa comprometido coa mellora da súa contorna. Búscanse persoas voluntarias para acompañar ao alumnado o día 6 deste mes na limpeza. As persoas interesadas en participar poden contactarnos enviando un correo a iniciativapratodo@gmail.com
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital