Foz, 4 de agosto de 2023. O Concello de Foz e a asociación O Noso Foz presentaron hoxe, venres, o cartel das festas do San Lourenzo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coma todos os agostos, Foz énchese de música e cor coas súas festas do San Lourenzo. A asociación O Noso Foz e o Concello presentan un cartel cheo de actividades para todos os públicos, que engade ao municipio atractivo para visitalo”.
Inés López engade que “esta semana o pistoletazo de saída dáse o domingo 6, día en que se celebrará o IV Festival de Bandas Vila de Foz. Organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello, contará coa actuación da Banda de Música Municipal de Meira e da Banda Sons e Soños, ademais da anfitrioa. O concerto será ás 20.00 horas na praza Conde de Fontao. A vindeira semana será a grande das festas do San Lourenzo, que pregoará Javier Alonso, máis coñecido como Chingla. O pregón será o vindeiro martes 8 de agosto, ás 20.30 horas na praza Rosalía de Castro, coa actuación de Mar Aberto. As verbenas darán comezo o mércores na explanada portuaria, a partir das 22.30 horas coa actuación de Grupo Beatriz e Fania Blanco Show. O xoves 10, día de San Lourenzo, haberá misa solemne con procesión ás 12.00 horas e a continuación sesión vermú coa orquestra Miramar. Pola noite o Trío Nostalgias de Vigo actuará a partir das 21.30 horas na praza Conde de Fontao. Ás doce da noite terá lugar o tradicional espectáculo pirotécnico no paseo de Laredo (Praia da Rapadoira) e á finalización a verbena será a cargo de Miramar e a orquestra Finisterre na explanada portuaria. O venres 11 a partir das 22.30 horas poderase desfrutar do Grupo Bomba e da orquestra Marbella. Pero non só hai verbenas no cartel do San Lourenzo, xa que o sábado 12 será o turno do Festival Vrao, que a partir das 21.30h encherá de sons independentes a praza Conde de Fontao. Grupos galegos como Sabela & heartbreakers, Grande Amore, Boyanka Kostova, Malándromeda e Carlangas actuarán xunto cos mellores djs. Xa o domingo 13, na praza Rosalía de Castro ás 21.30h será a presentación do novo disco de Chingla, Cantarche ei Galicia, co acompañamento de Tito Calviño e Sito Sedes. E o luns 14 chegará a Banda do Verán á praza Conde de Fontao para que os máis pequenos desfruten cantando con eles ás 20.30 horas. Para continuar o martes 15 coa festa acuática na Praia de Tupide, que se celebrará entre as 16 e as 19.30 horas. Unha semana que culminará coa Feira do libro, como é tradicional en Foz.
“Os departamentos de Cultura e Festas traballaron arreo para programar todas estas actividades, ademais do grupo que conforma a Comisión de Festas O Noso Foz. Queremos agradecer o seu enorme traballo para sacar as festas adiante, sen eles non sería posible”, indica o concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira.
Pola súa parte, a presidenta de O Noso Foz, Fátima Novo, agradece “o incansable traballo dos meus compañeiros de comisión, así como da indispensable colaboración do Concello para que entre todos teñamos as mellores festas posibles”.
A concelleira de Cultura explica que “desde o Concello queremos apoiar a cultura máis e menos coñecida, pequenos-grandes artistas que crecen día a día con nós e que están ao lado da nosa porta. Este verán chegou o festival Abanea, ensinándonos que a danza é a gran descoñecida do mundo cultural, e agora continuamos con música co festival Vrao”.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recorda que “o espectáculo pirotécnico foi desde sempre un dos eventos máis máxicos do noso verán. Queremos informar a todos aqueles que desfrutan das súas mascotas dos pormenores do evento para que os animais sufran o menos posible. Pedimos comprensión e desculpas por anticipado” e desexa “a veciños e visitantes unhas felices festas de San Lourenzo”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



