“Facemos un chamamento á responsabilidade dos gandeiros para cumprir as normas e que todo transcurra con normalidade”, asegura Paula Vigo, concelleira de Feiras e Mercados
Vilalba, 2 de outubro de 2023. O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas de que, debido á declaración en Galicia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, a Consellería de Medio Rural vén de dictar unhas normas de obrigado cumprimento para a celebración de feiras e mercados nos que concorran rumiantes de abasto.
Por elo, o Concello de Vilalba pon no coñecemento das persoas interesadas na compra venda das especies ovina e cabrúa as condicións que se aplicarán, co obxectivo de evitar ou minimizar o contacto dos animais sensibles ao vector (mosquito) transmisor, e que serán de aplicación dende a feira do día próximo domingo, día 8 de outubro.
A concelleira de Feiras e Mercados de Vilalba, Paula Vigo, fai un chamamento “á responsabilidade dos gandeiros e dos operadores comerciais aos efectos do cumprimento das indicacións dadas, pois non se permitirá a entrada de ningún animal na feira que non cumpra as condicións establecidas”.
En concreto, advírtese de que todos os animais deberán estar identificados individualmente; todos os animais deberán estar asentados nun Rega de procedencia; deberán ir acompañados de declaracións de desinsectación individual con produto autorizado; non evidenciarán sintomatoloxía clínica compatible coa enfermidade, e os transportes deberán de estar amparados por documentos acreditativos de desinfección e desinsectación con productos autorizados.
A entrada na feira realizarase baixo control veterinario, no horario comprendido entre as 08:30 e as 10:00 horas.
O Concello de Vilalba terá a disposición das persoas interesadas os documentos necesarios para que os interesados poidan declarar a desinfección e desinsectación tanto dos animais como dos transportes.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



