Foz, 28 de novembro de 2023. O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de obras, financiados grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo en abril deste ano 2023. Os automóbiles -un todoterreo 4×4 e tres furgonetas- servirán para renovar parcialmente unha frota moi antiga. A compra dos vehículos fíxose por procedemento aberto, resultando adxudicatarios Caetano Fórmula Galicia no caso do todoterreo -Dacia Duster- e Ditram Automoción no caso das tres furgonetas -Toyota Proace- . O investimento total ascende a 98.714 euros.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo puidemos facer unha adquisición de vehículos que nos vai a permitir aforrar porque imos reducir gastos en talleres e suprimiremos o aluguer dunha furgoneta, que se vai a devolver esta mesma semana. Imos tamén dar de baixa varios vehículos, algún dos cales tiña máis de 30 anos de antigüidade. Estes adquiridos agora son ferramentas de traballo cun menor consumo e van permitir aos operarios municipais ter unhas condicións de maior seguridade. Quero agradecerlle ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o apoio recibido”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



