A Mariña, 4 de xaneiro de 2024. Os días 13 e 20 de xaneiro seguirá en Ribadeo e na Pontenova o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A inscrición para participar está aberta.
O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O devandito programa, que deu comezo o pasado 30 de decembro, inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
A xerente do PSTD, Tania Hermida, explicou que “avanzamos no programa de Xeoturismo coas dúas Xeorutas previstas para este mes de xaneiro. O día 13 faremos a Xeotura dos Arcos, en Ribadeo; e o 20 de xaneiro realizaremos a Xeoruta das Minas, na Pontenova. Aquelas persoas interesadas en participar poden atopar toda a información e inscribirse no seguinte enlace: https://amarinalucense.gal/es/geoturismo”.
E engade: “son 22 as actividades previstas dentro deste programa de Xeoturismo. Xa fixemos a primeira por Trabada o pasado sábado, 30 de decembro, e seguiremos agora coas dúas Xeorutas en xaneiro e haberá outras dúas en febreiro. Logo o groso da programación desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio, xuño e setembro”.
Catorce persoas, das dezasete previstas inicialmente, participaron o 30 de decembro na Xeoruta de Cerrochán, por terras de Trabada, que foi guiada polo xeólogo Iván Lombardero. Os asistentes mostráronse moi interesados en todas as explicacións contextualizadoras. Iván Lombardero foilles contando polo camiño a orixe e o por qué dos diferentes tipos de rochas atopadas, a formación dos plegues, dos granitos, lousas, etc. Xa no alto do Cerrochán falaulles da importancia da conservación dos ecosistemas de turbeiras e como a instalación dos eólicos lle afecta a estes ecosistemas. Os participantes procedían da comarca da Mariña e do interior de Lugo e A Coruña e todos se amosaron interesados en acudir ás novas actividades organizadas pola Mancomunidade.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



