Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Sindicato Labrego Galego e a plataforma Ulloa Viva envían unha carta ao ministro alertando das afectacións da planta e pedíndolle que presione para que se lle neguen cartos públicos
Galicia, 2 de abril de 2024. A economía da comarca da Ulloa está baseada principalmente na agricultura e gandaría, sector primario ao que afectaría gravemente a implantación na zona dunha nova fábrica de produción de celulosa, a promovida por Altri-Greenfiber S.L. Emporiso, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Ulloa Viva trasladaron por carta ao Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, a súa preocupación ante a posibilidade de que se lle concedan fondos públicos a este proxecto tan destrutivo.
A propia empresa, firmemente apoiada pola Xunta de Galicia, manifestou que necesita optar cando menos a un cuarto do seu investimento previsto de cartos públicos –uns 250 millóns de euros dos 900 que di investirá–, para comezar a construír as súas instalacións, centrando actualmente as súas miradas nos fondos Next Generation e o PERTE de descarbonización. Xunto á carta, engadiron un informe que repasa as principais afectacións que provocaría ese proxecto industrial no corazón do rural galego.
Despois de estudar a documentación presentada pola compañía lusa na Xunta de Galicia –solicitude de concesión de captación de augas do río Ulla, autorización ambiental integrada, estudo de impacto ambiental e declaración de utilidade pública–, as organizacións asinantes da carta manifestáronlle ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación a súa firme oposición ao proxecto polos enormes impactos socioambientais que se producirán no xa moi castigado medio rural e ao sector agroalimentario, gandeiro e pesqueiro de Galicia. Asemade, chaman a atención sobre o irracional que sería conceder fondos públicos a unha actividade tan destrutiva co medio ambiente e os sectores primarios galegos.
Entre os moitos impactos negativos que detectan, alertan sobre a localización da enorme instalación, unhas de 360 hectáreas, aproximadamente dez veces o tamaño de Ence en Pontevedra. Segundo as organizacións o proxecto afecta directamente á rede Natura (Serra do Careón, Sistema Fluvial Ulla-Deza, desembocadura do Ulla e Parque Nacional das Illas Atlánticas en Cortegada) e mesmo aos propios proxectos de ampliación da rede Natura da Xunta de Galicia. Tamén informan ao ministro que a zona alberga varios raros endemismos botánicos en perigo de extinción e moitas especies que deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat segundo a Directiva 2009/147/CE da UE, que Galicia debe cumprir.
Mais sobre todo inciden na importancia do sector primario tanto na Ulloa coma na ría de Arousa e por iso piden a intervención do ministro Planas. Afirman, que A Ulloa non é, como queren facer ver, unha comarca nin atrasada, nin baleirada, nin empobrecida. De feito, conta cun sector primario que dá traballo ao 22% dos seus habitantes –21,83% Agolada; 24,85% Palas de Rei; 29,87 % Santiso–, moi por riba da media galega, que está no 6,3%. Conta tamén con numerosas explotacións de vangarda, innovadoras, ecolóxicas e moitas explotacións de Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas, entre elas a D.O.P Arzúa-Ulloa, a segunda das D.O.P. de queixos que máis vende en España. Tamén alertan ao ministro sobre os impactos que podería ter para a pesca artesanal e o sector marisqueiro galego a ría de Arousa, a máis produtiva, pero tamén máis ameazada, do país.
Asemade, tamén inciden en que Galicia non pode soportar outra industria que reverta nunha maior eucaliptización do territorio. Numerosos estudos científicos demostraron que a esaxerada proliferación destes monocultivos no noroeste peninsular está directamente relacionada coa perda de biodiversidade, a deficiente integridade ecolóxica, a inflamabilidade da paisaxe e mesmo coas limitacións á hora de mitigar o cambio climático. E tamén é común a forestación de terras agrarias para favorecer este cultivo, algo gravísimo atendendo á escasa Superficie Agraria Útil (SAU) galega. De feito, as cinco organizacións alertan ao ministro de que “atentar ambientalmente contra esta comarca sería un golpe definitivo á produción agrogandeira galega, pois como saberá, Galicia ten a SAU (21%) máis baixa do Estado Español (45,8%), polo que non nos podemos permitir poñela en perigo”.
Para Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Sindicato Labrego Galego e a plataforma Ulloa Viva sería moi difícil de explicar a incoherencia de destinar fondos de recuperación, transformación e resiliencia a un proxecto que non parece cumprir en absoluto o Principio DNS (Do Non Significant Harm) no que afecta a cuestións como a “protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas” e o “uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños”, entre outras, e piden ao ministro que mova os resortes que teña á súa disposición para evitar esta catástrofe.

























Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



