Unha nova instancia en Mastodon, amariha.gal, remata de ser creada. Aquí tento explicar de xeito resumido o que, para que, o como, e algunha cousiña máis accesoria. Pode que o lema que se lle poidera asignar soara algo así como ‘un lugar teu e para ti con eventos, produtos e servizos próximos’. Pero, imos centrar un pouco a situación, tendo en conta ademais que está a dar os seus primeiros pasos.
Recollo unha cita doutro lugar: ‘Si hay dos elementos que caracterizan la privatización de un espacio público (…) son la “limitación de acceso al espacio” y su “mercantilización”.’ O noso espazo de relación é un espazo mixto na súa constitución e comunitario no seu uso e fundamentos. Pouco a pouco pasou a estar rexido por leis, e polo tanto, considerado público tanto ou máis que comunitario. Vese a ollo nu no uso das rúas, en tempos ocupadas por carros tanto como por nenos xogando, e de onde agora teñen desaparecido estes últimos, expulsados primeiro polos vehículos a motor e logo en todo caso substituídos por terrazas de consumo. Agora, a máis, ese espazo de no que nos relacionamos é en boa parte describible en formato dixital. Algo no que tamén incide a súa mercantilización ou o seu alleamento dos nosos intereses e afastamento da súa xestión. Se estás nunha plataforma das chamadas ‘redes sociais’, poñamos, Facebook, Tik Tok, Twitter… estarás xa enterado de que son todas elas multinacionais que sacan proveito co que fas nelas. Todas con base (e poder de decisión) no estranxeiro. Todas te piden aceptación de cookies (mesmo se pagas nha cota e mesmo se elixes que non te metan as ‘non necesarias para o funcionamento’). Cookies que usan para recabar información do que fas en todo internet, non só na rede concreta que cho di. Todas venden eses datos que din o que es ti mellor que o poderías expresar ti mesmo. Todas te sacan do teu entorno próximo, que controlas, para te meter nun entorno que controlan e te controla. Todas, máis que facer ti uso delas, fan abuso de ti, do que es, do que queres, dos teus cartos, da túa mente, das que deberan ser túas decisións. En todas vas perdendo máis e máis soberanía dixital, ti, e contigo, contribúes de mil xeitos a arrastrar as túas amizades, a túa familia, a sociedade na que vives.
Para tentar evitar ser vasallos, mesmo escravos teledirixidos desas plataformas, e, a través delas, de diversos poderes alleos á democracia e á nosa comunidade, con intereses diferentes ós nosos, para tentar evitalo, está comezando unha andaina amarinha.gal. Para facerse unha rede social da Mariña. José Manuel Ventoso xa ten creado unha ‘instancia’ (para entendérmonos, un espazo libre, asociado con outros no universo dunha rede de instancias asociadas, o ‘Fediverso’, a modo de elos nunha cadea). Un espazo pensado para e pola xente de A Mariña, aínda que ó seu través se podan atopar tamén novas e xentes de máis aló. Sobre o como, vindo doutros lugares dixitais pode resultar algo raro adaptarse a novos códigos, ao tempo que facer que se adapten a un. Pero se estas ideas che resultan interesantes convidamoste a rexistrarte, entrar a fedellar. Iremos falando.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



