A Plataforma de afectados pola suba abusiva de tarifas da Residencia da Terceira Idade e Centro de Día de Foz que nos pretende implantar o actual Equipo de Goberno de Coalición do Concello de Foz, ante a opinión pública e a través dos Medios de Comunicación queremos manifestar o seguinte:
Denunciar publicamente a falta de vontade política por parte do Equipo de Goberno de Coalición, denominado “Goberno de Progreso”, para resolver o grave problema xerado polo incremento desproporcionado das tarifas da Residencia da Terceira Idade e Centro de Día de Foz, derivado dunha licitación realizada ás costas dos actuais usuarios e as súas familias, que son, ao fin, os que teñen que soportar o brutal incremento.
Non nos opoñemos a unha suba de tarifas pero si na contía que nos quere implantar o actual Equipo de Goberno Municipal de forma unilateral e sen ningún tipo de interlocución cos afectados, posto que o incremento medio proposto sobre as tarifas actuais representa nin máis nin menos que 703,00 €/Mes por usuario (8.436€/Ano), cantidade abusiva, desproporcionada e fóra da realidade (+55,3% sobre as tarifas actuais).
A proposta desta Plataforma de afectados consiste en que os usuarios e familias asuman agora un incremento igual ao do IPC acumulado dos últimos 5 anos, o cal ascende a un 20,2% e, a partir da nova concesión, ir incrementando os prezos das tarifas conforme ao IPC anual resultante, de non ser así, estaríamos a pagar xa inicialmente (primeiro recibo) o impacto dunha suposta inflación de 6 anos (2024-2029).
Unha comisión da Plataforma de afectados co seu portavoz á fronte mantivo dúas reunións co Sr. Alcalde as cales resultaron totalmente infrutuosas ata o momento. De non adoptarse medidas por parte do Concello, que dalgunha maneira minimicen parte dese incremento brutal, os recibos da nova concesión repercutirían nos usuarios actuais e futuros da lista de espera co incremento medio indicado (703,00 €/mes; 8.436.00€/Ano).
Con referencia a algunhas informacións verquidas polo Sr. Alcalde en distintos Medios de Comunicación, nas que afirmaba que o Concello ten consignado nos Presupostos deste ano unha partida de 270.000,00€ para Axudas por Emerxencia Social, cantidade dispoñible para aqueles usuarios que a súa capacidade económica calculada no acade para pagar o 100% da plaza da Residencia, temos que dicirlle que non di toda a verdade, que lle faltou dicir que neste caso, serían os familiares de 1º grado os que terían que pagar a diferenza, sempre que a súa capacidade económica o permita; e que as Axudas por Emerxencia Social, de acordo coa Ordenanza Municipal que as regula, só se aplicaría nos casos en que a capacidade económica do usuario máis a dos seus familiares de 1º grado non resulten suficientes para o pago da cuota. A día de hoxe, casi ningún dos actuais residentes cumpre cos requisitos para poder acceder a estas axudas. O Concello é pleno coñecedor do que estamos dicindo.
Somos conscientes que os prezos de licitación son inamovibles por ser xa aprobados en Pleno, pero pensamos que a nosa iniciativa favorece unha suba progresiva no tempo e que pode ser asumida polos usuarios ou as súas familias, como tamén cremos que é perfectamente legal se se canaliza a través dunha achega directa similar á que existe a día de hoxe para aboar o descadre ao concesionario actual derivado por causa de forza maior e que todos coñecemos (Pandemia Mundial COVID e inicio da guerra en Ucraína). Neste sentido, queremos lembrar aquí que a Residencia de Foz foi un modelo de xestión neses tempos moi difíciles, sendo hoxe un referente en toda a comarca da Mariña polo bo facer cos residentes e usuarios de Centro de Día, o cal está reflectido na súa ampla lista de espera.
O problema xurdido coas tarifas da residencia ven xerado, só e exclusivamente, polo actual Equipo de Goberno do Concello, representado polo Sr. Alcalde, que pretende impoñer unhas tarifas cun incremento totalmente desproporcionado e abusivo. Parte dunha formulación inicial errónea sobre un estudo de viabilidade elaborado por unha empresa consultora externa sen que ninguén dese Equipo de Goberno expuxese ningún reparo respecto diso. O citado estudo o único que persegue é favorecer os intereses da empresa concesionaria, a cal nos tres primeiros anos vai recuperar máis do 80% da marxe neta prevista para os sete anos de contrato (1º Ano: 35,6%, 2º Ano: 27,3%; 3º Ano: 17,6%), dito doutra maneira, o impacto de recuperación da marxe neta da empresa é brutal os primeiros anos de contrato ao contrario dos usuarios actuais e da lista de espera aos que lles vai resultar moi gravoso e prexudicial.
O estudo de viabilidade encargado polo Concello para sacar a licitación, traslada directamente ás tarifas, desde o primeiro ano, unha posible inflación acumulada nos custos previstos, que supoñen un +18,5% no período da concesión. Esta porcentaxe equivale a un incremento en termos absolutos de +211.141 Euros, é dicir, traslada ao primeiro ano o impacto que prevé que suban os prezos en todo o período da concesión, no canto de ir incorporando ás tarifas, de forma paulatina, o incremento anual correspondente ao IPC definitivo do ano anterior.
O Sr. Alcalde, que tamén é Deputado Provincial, debería de saber que os prezos que pretenden implantar de forma unilateral na Residencia Pública de Foz, cuxa xestión foi asumida no seu día integramente polo Concello, resultarían ser os máis elevados de todas as residencias públicas e privadas da nosa contorna, quedando encadrada no rango das máis caras de toda a provincia de Lugo (públicas e privadas). Así, os prezos máximos de todas as Residencias dependentes da Deputación Provincial, icluida a de Ribadeo, son de 1.080,00€ para válidos ou menor dependencia e de 1.390,00€ para os de maior dependencia, mentres que na Residencia de Foz serían de 1.630,00€ e de 2.012,00€ respectivamente, a diferenza é moi significativa (550€ e 622€), así os veciños de Foz terán que pagar unhos 600€/mes (7.200€/Ano) máis que os de Ribadeo, cando as pensións medias son similares.
Á vista da situación actual, a Plataforma de afectados decidiu dirixirse a agrupacións e asembleas locais dos partidos con representación na Corporación para facelos copartícipes do documento que lle foi entregado ao Sr.Alcalde, co aval de 239 firmas, como base de negociación e darlles a coñecer a situación dramática na que se van a atopar a maioría de usuarios actuais e futuros da lista de espera, case todos eles veciñas e veciños do concello de Foz, coa entrada en vigor das novas tarifas.
Manuel García Acebo, portavoz



















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



