O estudo técnico da reforma contempla a creación dun espazo aberto e diáfano que se ubicará na primeira planta do edificio da praza de abastos
Vilalba, 13 de xuño de 2024. O Salón de Plenos do Concello de Vilalba acollerá mañá ás 9.00 horas un pleno extraordinario no que se abordarán tres temas de gran relevancia. Entre eles, estará a aprobación do proxecto de obra para o acondicionamento do local destinado ao futuro Punto de Atención á Infancia co que contarán as familias da localidade.
A rexedora, Marta Rouco, sinalou ao respecto que “damos un paso máis para acadar o noso obxectivo de poder ofrecer no vindeiro curso máis prazas para a atención da primeira infancia e para que, deste xeito, as familias vilalbesas conten coas máximas posibilidades de conciliación”.
Nesa liña, o goberno local presentará a todos os grupos da corporación o estudo técnico das obras de reforma que serán necesarias para acondicionar un dos locais do edificio da praza de abastos ás esixencias normativas para convertelo en Punto de Atención á Infancia.
En primeiro lugar, o proxecto contempla o derrube dalgúns elementos exteriores e de todos os elementos de distribución interior cos que conta actualmente o local. Posteriormente, levaranse a cabo diversas actuacións na fachada entre as que se atopan a apertura de novos ocos e a colocación de envolvente para cumprir os requisitos técnicos e normativos.
Pola súa banda, as obras tamén incluirán a colocación de tabiquería lixeira e a habilitación dunha nova zona de acceso que se completará coa nova distribución do espazo interior, de tipo aberto e diáfano. Nese sentido, o local contará con cinco zonas diferenciadas, tal e como establece a normativa vixente: unha zona de gateo, outra de descanso, unha zona de hixiene, aseos e un espazo de preparación de alimentos dotado cos electrodomésticos básicos.
Finalmente, no referido ao proxecto de obra, tamén se contempla a adecuada instalación do sistema de protección contra incendios, de protección á exposición do radon, do sistema de ventilación, de aforro enerxético e do sistema de xestión de residuos, entre outros.
En definitiva, o estudo técnico “está deseñado para obter as autorizacións, licenzas e permisos pertinentes para acondicionar o local e para poder sacar a licitación a súa reforma” explicou a alcaldesa, Marta Rouco, quen ademais lembrou que “o PAI é un espazo no que se ofrecerá a arredor de 20 familias coidados, atención e ensinanzas para as súas crianzas coa finalidade de contribuír ao seu desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



