O torneo, todo un referente a nivel provincial e autonómico, celebrarase os vindeiros 22 e 23 de xuño
Burela, 15 de xuño de 2024. O VIII Torneo Marosa Cup volve a Burela os días 22 e 23 de xuño reunindo a case 70 equipos e máis de 1.000 xogadores de equipos procedentes de Lugo, Santiago, A Coruña, Ferrolterra, Asturias e, por primeira vez, de Cantabria.
O torneo, xa consagrado como un referente a nivel provincial e autonómico, contará coa participación de 41 equipos na primeira xornada, adicada ó fútbol 8, e doutros 28 equipos no domingo, centrado no fútbol 11.
A cita, que se desenvolverá nas dúas instalacións deportivas de A Marosa, en Burela, e no campo de A Veiga, en San Cibrao, presentouse coa presenza da alcaldesa de Burela, Carmela López, o presidente da SD Burela, Jairo Campo, e membros da directiva.
“Estamos encantados de poder sacar adiante outro ano máis o Marosa Cup, un evento que moitos clubes aproveitan para despedir a tempada vivindo unha experiencia cos seus nenos e nenas nun entorno espectacular como o que temos en Marosa”, apuntou o presidente da SD Burela, Jairo Campo, quen destacou que este ano se amplían equipos en tódalas categorías.
A alcaldesa, Carmela López, tamén agradeceu “a enorme labor da directiva da SD Burela para levar o evento adiante”, así como o traballo dos voluntarios, “fundamental para que todos poidamos disfrutar deste evento”.
O edil de Deportes, Carlos Méndez, trasladou o desexo de que todos os participantes “leven un bo recordo deste evento” e de que os asistentes “pasemos unha boa fin de semana vendo xogar ós nenos e ás nenas ó fútbol”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

