Trátase de ciclos en modalidade dual intensiva, polo que os estudantes poderán poñer en práctica a formación teórica que reciban obtendo ademais unha remuneración económica desde o primeiro ano
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2024. O prazo para matricularse nos graos medios e superior dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, no concello lucense de Ribadeo; e Guísamo, na localidade coruñesa de Bergondo; segue aberto.
No Pedro Murias ofértanse os Ciclos medios de FP Dual intensiva de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica. O primeiro céntrase en cuestións silvícolas, como as instalacións forestais ou a sanidade vexetal. Ademais, impártense materias relacionadas coa conservación de especies cinexéticas e pisícolas, así como as nocións necesarias sobre control fitosanitario. O alumnado deste grao medio conta cun amplo abano de saídas profesionais, como son, entre outros, o de especialista en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas, motoserrista, traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación dos hábitats forestais ou auxiliar de traballos de control de depredadoras e especies invasoras.
Mentres tanto, os estudantes de Produción Agroecolóxica poderán traballar como agricultores, avicultores, apicultores, criadores de gando ou produtores ecolóxicos. Para iso, os estudos están focalizados en fundamentos agronómicos e zootécnicos, a implantación de cultivos ecolóxicos e en principios de sanidade vexetal. Tamén recibirán nocións sobre infraestruturas e instalacións agrícolas; así como en produción gandeira e vexetal de xeito ecolóxico.
En Guísamo, o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
A maiores, o ciclo medio de Xardinería e Florería permite adquirir a capacitación necesaria para realizar traballos en horta e viveiros, a instalación, mantemento e melloras de xardíns, parques urbanos e xardíns históricos e botánicos unha vez cursen os módulos que compoñen o ciclo.
Formación práctica remunerada
Cabe sinalar que estes ciclos forman parte da modalidade Formación Profesional Dual intensiva, polo que os estudantes poderán recibir formación teórica no centro educativo e ao mesmo tempo poñela en práctica -remunerada- nun centro de traballo. Deste xeito, o alumnado formarase de forma teórica e práctica tanto no centro educativo como na empresa. Isto favorece a súa inserción laboral, xa que ao rematar o ciclo o estudante contará con experiencia previa.
Aquelas persoas interesadas en matricularse, poderán solicitar máis información nas webs de cada un dos centros ou nos números de teléfono: 982 828 552 (Pedro Murias) ou 881 88 10 57 (Guísamo).









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



