Foz incorpórase como sede do programa de intercambio cultural a través das artes escénicas
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024. Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, intensificará a súa presenza no territorio galego na súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao 27 de outubro baixo o lema A oportunidade do agarimo. Un total de 13 localidades do país, dúas máis que no 2023, contarán con funcións desta iniciativa.
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación da programación en Galicia, que comezará o venres 13 en Santiago de Compostela. A partir de aí, algunhas das creacións escénicas máis interesantes da carteleira percorrerán escenarios históricos ou espazos singulares de Vilalba, Melide, Carballo, Vimianzo, Lugo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro; sedes ás que este ano CEN suma Foz e Outes, á vez que recupera Sobrado dos Monxes. Ademais, a capital luguesa será o lugar no que se celebre o encontro Habitación Peregrina PRO, no que participarán ducias de profesionais do sector de diferentes puntos da península.
Camiño Escena Norte, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, é un proxecto que, tomando como base a ruta histórica dos camiños de Santiago do norte, ofrece ao longo de seis semanas -dez días máis que en anteriores edicións- toda unha extensa programación escénica, dirixida a todo tipo de públicos. Así, tanto a través da súa iniciativa itinerante Ciclo Constelacións, como doutras actividades paralelas -como é o caso dos encontros cos espectadores ou das actividades profesionais Cruzamentos e Habitación Peregrina PRO-, CEN pretende impulsar, dinamizar e visualizar o labor das compañías galegas, asturianas, cántabras, vascas e navarras.
Alén da actividade das compañías, desde o pasado 2023 CEN propón proxectar fóra de cada comunidade as programacións locais no marco da iniciativa Vieiros: por segundo ano consecutivo, Camiño Escena Norte escolle o FIOT de Carballo como o evento cultural de Galicia destacado para poñer en valor nos outros catro territorios.
Ciclo Constelacións
15 espectáculos, 3 por territorio, conforman este ano o Ciclo Constelacións, unha programación itinerante de artes escénicas de corte xeneralista, que se ofrecerá en máis de 60 sedes, na que prevalece a diversidade de linguaxes, estéticas e formatos, tanto para público infantil como adulto; producións de teatro de texto, novo circo, danza e artes do movemento, creación contemporánea, espectáculos didácticos e experiencias site-specific.
Neste 2024, as compañías asturianas Adrián Conde Espectáculos, Teatro Plus e La Westia Producciones; as cántabras Ruth Garreta – El Conejo Salvaje e Hilo Producciones; as vascas Panta Rhei, Marie de Jongh, K. Producciones e Tanttaka Teatroa; e as navarras Yarleku – El Punto Gunea, Estefanía de Paz Asín e Pájaros Pintados Creación Teatral traerán a Galicia os seus espectáculos máis recentes.
Á vez, mentres que un total de 11 compañías visitarán os escenarios do país, as galegas Ibuprofeno Teatro, Píscore-Culturactiva e Colectivo Glovo -quen representou unha escena de Tabú na rolda de prensa desta mañá- percorrerán 14 localidades de Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra no marco do Ciclo Constelacións; mais non serán as únicas galegas presentes nesta edición: a compañía Furia Sotelo participará na rede de estancias Cruzamentos, que forman parte da programación paralela.
Deste xeito, o espectáculo de Ibuprofeno Teatro Deadpan Karaoke, creado por Patricia Rodríguez e Marián Bañobre, poderase ver en Alsasua, Castro Urdiales, Villaviciosa e San Vicente de la Barquera. A creación Molto Barroco, de Fran Rei, poderase ver da man de Píscore-Culturactiva en Avilés, Laredo, Mutriku, Tafalla e Sangüesa; mentres que Tabú, do Colectivo Glovo, estará en Oviedo, Bil¡bao, Zarautz e Los Corrales de Buelna. Esta última compañía tamén presentará en Pamplona a súa creación Alleo, no marco da colaboración que o CEN establece neste 2024, a través da iniciativa Vieiros, co festival Ribera en Danza.
Camiño Expandido
En Camiño Escena Norte convive o ciclo itinerante de funcións coa actividade paralela ao mesmo, nomeada Camiño Expandido. É o caso das accións de acompañamento para público -talleres, obradoiros, dinámicas con familias-, do programa Cruzamentos, do encontro Habitación Peregrina PRO, da iniciativa Vieiros, do II Catálogo de Espectáculos Recomendados CEN, da Oficina CEN de Cooperación Escénica, do recurso web Mirando as constelacións e da colaboración coas Escolas Superiores de Arte Dramática dos cinco territorios.
Cruzamentos é un dos piares do CEN. Nesta rede de estancias de intercambio escénico, artístico e profesional participarán os vascos Hika Teatroa xunto á compañía navarra Led Silhouette (no Centro Cultural Egia de Donostia, do 23 ao 29 de setembro), e a galega Furia Sotelo en colaboración cos cántabros Babirusa Danza (en A Casa Vella -Amiadoso, Ourense- do 14 ao 22 de outubro).
Habitación Peregrina PRO é o espazo de convivencia profesional onde as compañías entran en contacto, coñecen as súas liñas de traballo e propostas estéticas, profundan na realidade dos distintos circuítos de programación, exploran vías de coprodución e acceden a propostas de formación que sexan de interese para o seu desenvolvemento profesional. O encontro terá lugar un ano máis en Lugo, no centro sociocultural O Vello Cárcere, do 17 ao 19 de setembro.
Na sexta edición percórrense aínda máis carreiros con Vieiros, a iniciativa que une ao CEN cun proxecto cultural de cada comunidade, co obxectivo de dar forza e contexto ao programa, ademais de proxectar fóra da comunidade as iniciativas locais. No 2024, traballarase co Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT (Galicia); Rincones y Recovecos (Asturias); Movimiento en Red (Cantabria); Bideart Zigoitia (Euskadi), e Ribera en Danza (Navarra).
O Camiño Expandido complétase co Catálogo de Espectáculos Recomendados Camiño Escena Norte, unha selección de 30 producións que serve de promoción e apoio á súa distribución fóra do ámbito do proxecto. Editado en formato dixital, está á disposición de 400 profesionais da programación de todo o Estado. Tamén estará activa a Oficina CEN de Cooperación Escénica, programa de consultoría e acompañamento profesional que reforza a actividade profesional de CEN, apoiando a actividade das compañías no ámbito da distribución. Finalmente, o proxecto ofrece Mirando as constelacións, iniciativa web sobre as sedes nas que haberá actividades de CEN, dispoñible en www.escenanorte.com.
Organización e apoios
CEN é unha iniciativa promovida polas propias asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Eskena (Euskadi) e ESNA (Navarra). Todas elas únense na supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto.
CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das cinco comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais; Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Gobierno de Navarra; e Goberno de España, tanto a través do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM) como do Ministerio de Cultura. Colaboran tamén a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo.
Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial e incorpórase nesta liña a Fundación Camino Lebaniego (Cantabria). Ademais, Camiño Escena Norte conta nesta edición coa colaboración especial da asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.
Funcións de Camiño Escena Norte 2024 en Galicia
13.09 | Santiago de Compostela (Praza da Quintana)
Check Out, de Adrián Conde Espectáculos (AST)
15.09 | Foz (Praza Conde de Fontao)
By ò Bu. Aproximación al no existir, de Yarleku e El Punto Gunea (NAV)
21.09 | Outes (Auditorio Casa da Cultura)
La casa de los dedos, de Ruth Garreta e El Conejo Salvaje (CANT)
27.09 | Vilalba (Auditorio Municipal Carmen Estévez)
Anónimo. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, de Hilo Producciones (CANT)
28.09 | Sobrado dos Monxes (Mosteiro de Santa María)
La osa estelar, de Panta Rhei (EUS)
29.09 | Melide (Auditorio Municipal)
Anónimo. La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, de Hilo Producciones (CANT)
06.10 | Carballo (Pazo da Cultura) – Programación 33º FIOT
Olvido Flores, de Estefanía de Paz Asín (NAV)
12.10 | Vimianzo (Auditorio Municipal)
El nadador de aguas abiertas, de K. Producciones e Tanttaka Teatroa (EUS)
17.10 | Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire)
El nadador de aguas abiertas, de K. Producciones e Tanttaka Teatroa (EUS)
18.10 | Ames (Auditorio Casa da Cultura do Milladoiro)
Geometría del Alma, de Teatro Plus (AST)
19.10 | Arzúa (Capela da Madanela)
El jardín de Olivia, de Pájaros Pintados Creación Teatral (NAV)
20.10 | Ribadeo (Auditorio Municipal Hernán Naval)
Mr. Bo, de Marie de Jongh (EUS)
24.10 | Viveiro (Teatro Municipal Pastor Díaz)
Ada Byron: La tejedora de números, de La Westia Producciones (AST)
Outros eventos de Camiño Escena Norte 2024 en Galicia
17.09 ao 19.09 | Lugo (O Vello Cárcere)
Encontro profesional Habitación Peregrina PRO






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



