A iniciativa, posta en marcha en colaboración cos concellos de Xermade e Guitiriz no ano 2021, conta con profesionais de logopedia, fisioterapia, psicoloxía e terapia ocupacional
Vilalba, 7 de outubro de 2024. O Servizo de Atención Temperá do Concello de Vilalba presta servizo na actualidade a 81 nenos e nenas vilalbeses con necesidades transitorias ou permanentes detectadas, fundamentalmente, nos centros educativos e derivados polo servizo de pediatría.
Este servizo, posto en marcha no ano 2021 polo Concello de Vilalba, en colaboración cos Concellos de Xermade e Guitiriz, conta con especialistas nas áreas de logopedia, fisioterapia, psicoloxía e terapia ocupacional.
“Con esta iniciativa os nenos e nenas con necesidades específicas poden ser atendidos na nosa vila, de tal forma que evitamos que as familias teñan que desprazarse ata Lugo cos seus fillos”, sinalou a alcaldesa, Marta Rouco, que cualificou o servizo de “fundamental para que as familias vilalbesas conten cos servizos necesarios no ámbito da crianza e a conciliación”.
Nesa liña, o Servizo de Atención Temperá de Vilalba, xestionado neste momento polo Concello de Xermade, atende principalmente trastornos do desenvolvemento e dificultades específicas en áreas concretas de nenos e nenas entre os 0 e os 6 anos.
“Ademais da proximidade, o servizo é fundamental para aliviar as listas de agarda existentes en centros de maior densidade de poboación, como por exemplo os de Lugo cidade”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco, quen engadiu que “grazas á posta en marcha do servizo na nosa vila, os nosos nenas e nenos reciben atención de forma moito máis rápida que en centros nos que se presta servizo de forma integrada á maior parte dos concellos da provincia”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



