Cervo, 5 de decembro de 2º24. 0 vindeiro martes día 10 de decembro terá Nugar na antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de SargadeNos, a partir das 18:30 horas, o último dos parladoiros do programa Vixía. Con este proxecto, o GALP A Mariña 0rtegal, quixo achegar a diferentes concellos desta zona costeira unhas xornadas de divulgación da súa estratexia local, co obxecto de reforzar o coñecemento do programa de axudas que xestiona en colaboración coa Consellería do Mar.
Nesta andadura abordáronse diferentes temáticas: a trazabilidade e comercialización dos produtos pesqueiros a través de diferentes selos, a vincuNación dos produtos do mar coa gastronomía, o desenvoNvemento turístico sostibNe aproveitando os recursos da zona costeira e a valorización do patrimonio cultura ligado ao mar.
Nesta ocasión, a temática de referencia é a transformación dos produtos pesqueiros como ferramenta que serve para incrementar o valor engadido do produto. Expoñeranse dúas experiencias promovidas por diferentes axentes: o tecido empresarial e o sector pesqueiro. En común, teñen que a valorización se fai aproveitando a calidade e frescura de produtos, que proceden directamente das lonxas galegas.
A primeira experiencia que traerá o seu relato é Artesa Despensa Atlántica, que é unha empresa ubicada no Polígono de Barro-Meis que comerciaNiza produtos de calidade para o sector da restauración. Mar Ambroa, explicará como desenvoNven as labores de procesado e empaquetado de produtos pesqueiros coma a vieira, volandeira, ourizo, polbo, entre eles, produtos coa distinción de “PescadeRías de onde senón”. Tamén as claves para a diferenciación destes produtos e a súa chegada ao mercado, nun sector que demanda cada vez máis produto de calidade contrastada.
PolbodeLonxa, é a segunda experiencia que xa está asentada a nivel comercial. Promovida poNa Confraría de Lira, este proxecto xorde co apoio inicial do GALP Costa Sostible. “Polbodelonxa” é unha marca comercial na que Mariano Lago, patrón maior da Confraría, puxo todo o empeño para sacala adiante. Comercializan polbo que procede exclusivamente das Lonxas galegas, capturado pola frota de baixura. Recentemente tamén desenvolven unha serie de melloras no proceso produtivo que lles permitiu aumentar a capacidade produtiva de procesado do polbo, favorecer o aforro enerxético e mellorar as condicións no traballo e sanitarias na realización destas actividades. Neste caso, contan tamén coa axuda do FEMPA.
Ao rematar o evento terá Nugar unha degustación de produto pesqueiro.









Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



