José Tomé Roca asinou co presidente do colectivo un acordo a través do que a institución destina 135.000€ á Fundación de Dano Cerebral para sufragar os gastos de reforma e ampliación do centro que a entidade xestiona en Castro de Rei
Lugo, 7 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente da Fundación de Dano Cerebral, Luis Abelleira Mayor, asinaron no Pazo de San Marcos un acordo de colaboración a través do que a institución provincial achega 135.000€ para colaborar cos gastos de reforma e ampliación do centro de atención a persoas con dano cerebral que a entidade xestiona nun espazo cedido pola Deputación en Castro de Rei.
Segundo explicou Tomé Roca, “este investimento reafirma o compromiso da Deputación de Lugo coas persoas máis vulnerables e co apoio ás entidades que traballan por mellorar a súa calidade de vida. Queremos garantir que este centro conte cunhas instalacións modernas e axeitadas para ofrecer a mellor atención posible”.
O Presidente detallou que os fondos permitirán realizar a reparación exterior dos dous edificios que conforman o centro, incluíndo a pasarela que os conecta, mediante a instalación dun revestimento que garanta a súa impermeabilización, ademais da substitución das ventás. “As reformas tamén incluirán a creación dunha nova sala destinada ao descanso do persoal e ás visitas dos residentes, mellorando así o día a día das persoas usuarias e traballadoras deste espazo”, engadiu.
As obras levaranse a cabo ao longo das anualidades 2025, 2026 e 2027, cun custo total estimado de 208.498,89€, dos que a Deputación cubrirá arredor do 65%.
Un centro de referencia para o dano cerebral en Galicia
O centro de FUDACE, situado en Castro Riberas de Lea, opera nas instalacións da antiga Escola Fogar, un espazo cedido pola Deputación no ano 2002 cun acordo vixente ata 2067. Este centro conta con 28 prazas residenciais para persoas con dano cerebral procedentes de toda Galicia, que son atendidas por un equipo formado por 23 profesionais.
José Tomé Roca sinalou que a finalidade desta colaboración “é garantir unhas instalacións adecuadas e modernizadas para ofrecer unha atención integral e especializada, mantendo a sostibilidade e a funcionalidade do centro a longo prazo”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



