Viveiro, 6 de xuño, 2025. O BNG de Viveiro, a través da súa portavoz municipal Míriam Bermúdez, vén de lanzar hoxe nas redes sociais un vídeo en clave de humor no que se pregunta polo paradoiro político de Bernardo Fraga, voceiro de Por Viveiro.
No vídeo, Bermúdez percorre distintos espazos en Xunqueira intentado atopar a Berny e preguntando irónicamente que foi del:
“Antes dedicábase a bloquear, esixir cumprimentos, declaracións, avances, prazos, respostas… E agora? Nada de nada.”
A campaña, baixo o lema “Onde está Berny?”, pretende poñer de manifesto “a falta de actividade, propostas e fiscalización por parte de Por Viveiro agora que lle deu o goberno ao PP”. “Por Viveiro desde que o PP está no goberno, non levou ni un só rogo ni moción ao pleno” recalcou Míriam Bermúdez, “nunca tan satisfeitos estiveron con este concello. Cando estaba a esquerda, protestaban por todo; e agora desaparecen”, sinala Bermúdez.
Desde o BNG de Viveiro consideran que a política local require seriedade e constancia e que “Bernardo Fraga fixo un boicoteo claro desde o principio porque sempre quixo darlle o goberno ao PP. E agora, seguro que non tarda en facer unha seudo-oposición para aparentar”, concluíu Bermúdez.