Foz, 27 de xuño de 2025. A primeira edición do Open Nacional de Petanca Villa de Foz celebrarase o día 26 de xullo, sábado, nas pistas situadas na rúa Uxío Novoneyra, onde foi presentado o evento hoxe, venres. No acto participaron o alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández, xunto a directivos e outros socios do Club de Petanca Foz.
O presidente do club, Jesús Mercader Hermida, explica que “esta nueva directiva, que lleva actualmente tres meses en el cargo, quiere fomentar el deporte de la petanca en Foz y por ello pide a la gente de la localidad que asista a disfrutar de este torneo y a pasar un día conociendo in situ el deporte de la petanca. A este open asistirán jugadores de renombre de distintas comunidades autónomas. La directiva quiere dar las gracias a todos los colaboradores y patrocinadores que hacen posible la celebración de dicho evento”.
O alcalde Foz, Fran Cajoto, agradece “o traballo do club para fomentar un deporte que permite socializar e desenvolver unha actividade física a persoas de tódalas idades. Cando inauguramos as primeiras pistas de petanca da Mariña, en outubro do ano 2022, non anticipamos o enorme éxito que tiveron. Estamos moi satisfeitos do gran ambiente que hai tódolos días nas pistas, que seguro se vai a ver incrementado despois dun torneo que vai a ser moi interesante, pola gran calidade dos participantes”.